Samo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Reino de Samo»)
Infotaula de personaSamo

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento558 ↔ 623 Editar o valor em Wikidata
Schongau (Baviera) (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte658 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata
Rei Samo's Empire (en) Traducir
623 – 658 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeSamo's Empire (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoGoberno Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Reino franco Editar o valor em Wikidata
Ocupacióncomerciante , Xefe tribal Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosMoravod (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
O rei Samo.

Samo, tamén coñecido como o rei Samo foi o primeiro gobernante eslavo do que se coñece o nome.

Ao parecer era un comerciante franco que, aproveitando unha derrota dos ávaros ante os bizantinos, sublevou aos eslavos contra os ávaros, formando, con axuda franca, un efémero reino que se estendía sobre gran parte das tribos eslavas (checos, moravos, eslovacos, eslovenos e algúns máis do sur), desde o Elba até as proximidades do Adriático.

É o primeiro gobernante eslavo do que se coñece o nome.[1]

Como tal rei, identifícase como o fundador dos reinos nas historiografías de Bohemia e Eslovaquia. Pero é difícil separar o real do lendario.

Achados arqueolóxicos indican que o Reino ou "Imperio" de Samo abarcaba os actuais territorios da República Checa, Eslovaquia, Austria, Lusacia, e Eslovenia.

Controversia sobre a súa orixe[editar | editar a fonte]

Existe controversia sobre a súa nacionalidade. Segundo a historiografía francesa era franco, como afirma Fredegario no Fredegarii Chronicon, onde di que é do Pagus Senonagus, polo que a maioría dos autores antigos quixeron ver aí Senonico (rexión de Sens, Yonne, Francia).

Pero outros autores pensan doutra forma.[2][3][4][5]

Martin Bousquet explica que as notas marxinais que facían de Pago Senonago, pro senonico (o senonés) son erróneas e que el considera que Pago Senonago é Sengaw (o territorio do Senne), é dicir, Soignies, Hainaut, (Bélxica).

Et plerique in margine habent senonico: quod fortè senones, Sens, celebrum in Gallia populum hic designari putarent. At alii malunt hunc locum interpretari de pago senonago, sengaw, in hanonia, ubi Sonegia, nostris Soignies, habetur.
Dom Martin Bousquet, Recueil des historiens de Gaules et de la France, Paris, 1739.

Porén, para outros, segundo a Conversio Bagoariorum et Carantanorum (Conversión dos bávaros e os carantanios), escrita ao redor do ano 872 en Salzburgo, Samo era un comerciante carantanio, isto é, esloveno.

A súa historia[editar | editar a fonte]

Samo comerciaba coas tribos eslavas. Era un xefe de escolta militar das caravanas de mercadores.

Todos os anos, desde o final do século V, os ávaros entraban na terra dos eslavos para saqueala. Quedaban alí durante todo o inverno, reducindo aos eslavos como escravos e tomando ás súas esposas e fillas como concubinas.

Os eslavos organizan en 620 a súa defensa, e escollen a Samo como xefe.[6]. Cando os ávaros regresaron ao ano seguinte, foron completamente derrotados.

O Reino de Samo[editar | editar a fonte]

O reino de Samo na súa máxima expansión.

Samo decide quedar. Pagán ao igual que os seus compañeiros de combate, con eles vive como un líder militar ao servizo das tribos eslavas, encargado de organizar a súa defensa. As tribos que o recoñecen como Príncipe son os moravos e os checos, e pode que a extensión xeográfica alcanzase Eslovaquia, a Baixa Austria e Carintia. As fronteiras do reino de Samo son en realidade pouco coñecidas, pero probabelmente ían máis alá das fronteiras actuais da República Checa.

Sen dúbida as tribos pagaban tributo ao príncipe e aos seus exércitos, pero o groso dos recursos proviñan do saqueo dos países circundantes. Os eslavos, dirixidos polo rei Samo, lograron derrotar todos os ataques dos ávaros. Pero tamén se viron obrigados a loitar contra os francos, xa que houbo incidentes con comerciantes deste pobo asasinados, e aos que tamén se lles roubaran os bens.[7]

O acontecemento máis famoso do seu reinado foi a vitoria do seu exército contra o exército real dos francos dirixido polo mesmo rei, Dagoberto I, no ano 631. Samo é atacado no seu bastión de Wogastisburg, en latín castrum Wogastisburc (a situación exacta desta fortificación non se coñece), polo que se coñece como a batalla de Wogatisburgo. Como consecuencia da dura derrota dos francos, os sorabios abandonáronos e uníronse ao reino de Samo.

Legado[editar | editar a fonte]

Samo tivo doce esposas e deixou á súa morte 22 fillos e 15 fillas. Pero o seu intento non prosperou, e o reino de Samo desapareceu sen rastro á súa morte en 658.[8]

Samo reinou desde o ano 623 até o 658, e estableceu o primeiro estado eslavo do que se ten rexistros históricos, unindo baixo o seu reino aos checos, sorabios, moravos (eslovacos) e carantanios (eslovenos).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Jozko Šavli, Karantanija, Editorial Humar, Nova Gorica, 2007.
  2. Dom Martin Bousquet, Recueil des historiens de Gaules et de la France, Paris, 1739. (en latín) Consultada o 7/12/2011.
  3. Mais la plupart des historiens de la France se sont obstinés à voir "Sens" dans l'expression de Fredegaire. S'il s'agissait de Sens, il y aurait civitas ou urbs et non pagus; il y aurait Senonia ou Senonum civitas et non Senonagus. Ce nom anciennement donné à Soignies aussi bien que 'Sonegiœ' et 'Sogniacum' dans le moyen âge, vient pourtant de Senones, parce que Soignies fut fondée à ce que l'on croit, au temps de Clovis, par des marchands de Sens, que le roi de Tournai y attira. Voyez Bruzen de la Martinière etc. in "Fastes Militaires": Pero a maioría dos historiadores de Francia empeñáronse en ver "Sens" na expresión de Fredegario. É dicir, se o fora, habería unha civitas ou urbs e non un pagus; habería unha Senonia ou Senoiam civitas e non un Senonagus. Este nome dado antigamente a Soignies así como 'Sonegiœ' e 'Sogniacum' na Idade Media, vén porén de Senones, porque Soignies foi fundada, polo que se cre, no tempo de Clovis, polos comerciantes de Sens, que o rei de Tournai aí atraera. Véxase Bruzen de la Martiniere etc. in "Fastes Militaires" V. infra.
  4. "Fastes militaires des Belges", T.1, Bruxelles, 1835. (en francés) Consultada o 7/12/2001.
  5. Théophile Lejeune, Historia civil e eclesiástica da cidade de Soignies in Société des Sciences, des Arts et des Lettres du Hainaut, Concours, 1868-1869. (en francés) Consultada o 7/12/20011.
  6. De acordo coa crónica de Fredegario, Anno 623, páx. 131: "O ano corenta do reinado de Clotario".
  7. Crónica de Fredegario, Anno: 630, páx. 161.
  8. Die "terra sclavorum" und das Königreich Samos. (en alemán) Consultada o 7/12/2011.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Fredegario: Chronique des temps mérovingiens. Traduction et introduction par Olivier Devillers et Jean Meyers. Éditeur Brepols (Turnout Belgium 2001) (en latín) e (en francés) ISBN 2-503-51151-1 Véxanse Anno 623, páxs. 131-133, Anno 630, páxs. 161-163 e Anno 632 páxs. 173-175.
  • Bělina, Pavel, Petr Čornej & Jiří Pokorný (1995): Histoire des Pays tchèques Paris: Éditions du Seuil. Points Histoire U 191. ISBN 2-02-020810-5

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]