Pobo sorabo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Pobo sorabo
Sorbs national-costume1.jpg
Traxes tradicionais sorabos.
Poboación
Poboación total:
60 000[1]-70 000[2] (estimado)
Rexións principais:
Alemaña Alemaña60 000
República Checa República Checa2 000[3]
Polonia Poloniamenos de 1 000
Aspectos culturais
LinguaSorabo (Alto sorabo e baixo sorabo) e alemán
RelixiónMaioría católica e minoría luterana
Grupos
relacionados
polacos, silesianos e checos

Os sorabos[4] (en alto sorabo: serbja, en baixo sorabo: serby, en alemán: sorben), son un grupo étnico eslavo que habitan en Lusacia, unha rexión dividida entre Alemaña (os estados de Saxonia e Brandenburgo) e Polonia (as provincias de Baixa Silesia e Lubusz). Segundo Constantino VII, os serbios dos Balcáns teñen a mesma orixe que os sorabos e os caxubios. Tamén di que os serbios habitaron as áreas entre os ríos Elba e Vístula, na costa sur do mar Báltico. Tradicionalmente falan a lingua soraba, estreitamente relacionada co polaco, o caxubio, o checo e o eslovaco.[5] O sorabo é unha lingua minoritaria oficialmente recoñecida en Alemaña. Os sorabos están xenética e lingüisticamente máis relacionados cos checos e cos polacos. Por mor do proceso de asimiliación cultural entre os século XVII e XX, tódolos sorabos falan alemán dende o século XIX, e as novas xeracións xa non falan a lingua. O pobo sorabo está dividido relixiosamente entre católicos (a maioría) e luteranos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Catherine Hickley. Germany's Sorb Minority Fights to Save Villages From Vattenfall. Bloomberg. 18 de decembro de 2007.
  2. faqs.org (ed.). "Sorbs of East Germany". Consultado o 18 de marzo de 2015. 
  3. luzice.cz (ed.). "Společnost přátel Lužice". Consultado o 18 de marzo de 2015. 
  4. Entrada sorabo-a en Digalego
  5. Helmut Faska. About Sorbian Language Arquivado 06 de outubro de 2014 en Wayback Machine..