Derrick Ashong
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1975 (48/49 anos) Accra, Ghana |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Ghana |
Educación | Universidade Harvard |
Actividade | |
Ocupación | músico |
Lingua | Lingua inglesa |
Páxina web | amp.it… |
Derrick N. Ashong, tamén coñecido como "DNA", nado en 1975 na cidade de Accra, é un músico, actor, artista e activista ghanés.
Comezos
[editar | editar a fonte]Fillo dun pediatra, Ashong acudiu a escolas de Arabia Saudita, Qatar e Nova Jersey antes de ingresar na Universidade de Harvard en 1997, onde estudou Estudos Afroamericanos. Posteriormente, volveu a Harvard e fixo un doutoramento en etnomusicoloxía e estudos afroamericanos. Tamén foi membro fundador da Harvard Black Alumni Society.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]A carreira musical de Ashong comezou mentres estaba en Harvard. Produciu un musical titulado Songs We Can't Sing, polo que acadou varios premios e despois formou unha banda de música chamada "Black Rose". A banda despois pasou a ser coñecida como "Soulfège". Ashong ten traballado con artistas recoñecidos como Debbie Allen, Janet Jackson e Bobby McFerrin.
En 1997 Ashong participou no filme Amistad producido por Steven Spielberg, no que interpretou o papel de Buakei.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha na IMDb (en inglés)
- Páxina oficial (en inglés)