Songs of Faith and Devotion

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Songs of Faith and Devotion
Álbum de Depeche Mode
Edición: 22 de marzo de 1993
Datas de gravación: febreiro de 1992 - xaneiro de 1993
Estudio(s) de gravación:
Duración: 47:26
Xénero: synthpop, dance alternativo
Selo(s): Mute Records
Producido por: Depeche Mode, Flood
Cronoloxía
Violator Songs of Faith and Devotion Ultra

Songs of Faith and Devotion é o oitavo álbum da banda inglesa de synthpop Depeche Mode, publicado o 22 de marzo de 1993 a través do selo Mute Records no Reino Unido e de Sire Records e Reprise Records nos Estados Unidos e Canadá. O disco incorpora máis texturas de guitarras que os seus anteriores traballos. Tras a súa edición, Songs of Faith and Devotion acadou o número 1 tanto nas listas británicas como estadounidenses. Para promocionar o álbum, Depeche Mode embarcouse na xira de catorce meses Devotional Tour, que os traería a Pontevedra en xullo de 1993. Cara abril do ano 2006, Songs of Faith and Devotion levaba vendidas 2.000.000 de unidades nos Estados Unidos.

Gravación[editar | editar a fonte]

Songs of Faith and Devotion foi gravado nuns 8 meses nunha casa de campo en Madrid no ano 1992, ademais de realizarse sesións posteriormente en Hamburgo e Londres. O proceso de gravación foi ralentizado pola adición ás drogas de Gahan e incrementou as friccións persoais entre Gore, Wilder e Fletcher.

Instalouse un estudio no sótano con dúas baterías colocadas en distintos espazos para conseguir diferentes sons. As baterías poderían ser entón procesadas con sintetizadores como o Roland System 700 que a banda instalou no estudio. O grupo quería gravar algo distinto aos seus anteriores traballos, quería cambiar moitas cousas sobre o seu enfoque á hora de facer música. Os membros da banda decatáranse de que caer na rutina podía levalos ao aburrimento.

Utilizaron un novo enfoque para traballar. En gravacións anteriores a banda baseárae máis en secuenciación que en tocar. A interpretación podería ser posteriormente secuenciada e procesada no estudio. Os músicos non se sentían capaces de entrar nunha habitación e tocar xuntos, pensaban que aplicando a tecnoloxía o seu son sería máis espontáneo ehumano. Eles querían que o son de Songs of Faith and Devotion fose máis solto e menos programado.

Temas como "I Feel You", que inicialmente non ía ser o tema proncipal do disco ata que Alan Wilder loitou porque así fose, inclue baterías reais que foron sampleadas e secuenciadas para formar "loops" usando o Cubase, nunha estrutura distinta a como foi tocada orixinalmente; mantendo toda a dinámica dunha interpretación humana. Algúns dos adornos, como os platillos con reverberación inversa, foron engadidos posteriormente por Alan Wilder que case senpre suxería calquera tipo de experimentación.

Foron usadas outras de reversing a través das gravacións, como as partes de piano na conclusión do tema "Mercy in You". A introdución de "Judas" ten gaitas irlandesas gravadas con reverberación inversa. "Walking in My Shoes" inclue unha parte de piano procesada durante a introdución. Esta foi tratada cun procesador de guitarra e engadíuselle distorsión. Unha mostra de clavicémbalo foi entón interpretada e gravada sobre o piano conseguindo unha capa de sons distinta.

O álbum foi mesturado nos estudios Olympic de Londres por Alan Wilder, Flood e Mark "Spike" Stent.

Listaxe de cancións[editar | editar a fonte]

Todas os temas escritos e compostos por Martin L. Gore

N.º Título Duración
1. "I Feel You"   4:35
2. "Walking in My Shoes"   5:35
3. "Condemnation"   3:20
4. "Mercy in You"   4:17
5. "Judas"   5:14
6. "In Your Room"   6:26
7. "Get Right with Me"   3:52
8. "Rush"   4:37
9. "One Caress"   3:32
10. "Higher Love"   5:56
Cancións extra da reedición do 2006
N.º Título Duración
11. "My Joy"   3:57
12. "Condemnation" (Paris Mix) 3:21
13. "Death's Door" (Jazz Mix) 6:38
14. "In Your Room" (Zephyr Mix) 4:50
15. "I Feel You" (Life's Too Short Mix) 8:35
16. "Walking in My Shoes" (Grungy Gonads Mix) 6:24
17. "My Joy" (Slowslide Mix) 5:11
18. "In Your Room" (Apex Mix) 6:43