Denticeps clupeoides
Denticeps clupeoides | |||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||
Denticeps clupeoides Clausen, 1959[1] | |||||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||||
|
A dos denticioptoideos (Denticiptoidei) é unha das dúas subordes en que se divide a orde dos clupeiformes (a outra é a dos clupeoideos, que inclúe a case totalidade das especies) e que conta cunha soa familia, a dos denticipítidos (Denticipitidae), que só alberga unha especie Denticeps clupeoides,[1] que vive en augas doces do oeste africano.
Denticeps clupeoides é un peixe de pequeno tamaño (uns 15 centímetros) que se encontra soamente en ríos de Benín, Nixeria e o Camerún. Está relacionado con arenques sardiñas e bocareus, pero destaca pola súa grande aleta anal e as escamas denticuladas da cabeza (ao que alude o nome do xénero).
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]Deticeps vén do latín denti- (de dentis, xenitivo de dens, "dente") e -ceps (de -capitis, e este de caput "cabeza"), facendo alusión aos dentículos que lle dan á cabeza unha aparencia cas peluda.
O epíteto específico, cupleoides, significa "semellante aos arenques" (de Clupea, nome do xénero dos arenques, e -oides, parecido).
Catacterísticas
[editar | editar a fonte]- Aleta dorsal con 8 ou 9 raios brandos, e aleta anal con numerosos raios (de 23 a 27, dada a súa gran lonxitude) que así mesmo son brandos. Non ten raios espiñentos en ningunha das aletas.[3]
- Liña negra no dorso, desde a cabeza a aleta caudal.
- Banda delgada escura desde o opérculo até a base da aleta caudal, que se ensancha no pedúnculo caudal.[3]
- Corpo de coloración prateada con tons verdosos nos flancos, e ventre abrancazado, que se torna a cor amarela agrisada na rexión porterior.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 Denticeps clupeoides Clausen, 1959.
- ↑ Denticipitidae en FishBase.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 Froese, Rainer e Pauly, Daniel, eds. (2011): Denticeps clupeoides en FishBase (en inglés).
Véxase temán
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Greenwood, P. H. (1968): "The osteology and relationships of the Denticipitidae, a family of clupeomorph fishes". Bulletin of the British Museum (Natural History) Zoology, 16: 215-273.
- Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.
- Teugels, G. G. (1990): "Denticipitidae", pp. 95–97. En C. Lévêque, D. Pauly e G. G. Teugels (eds.): Faune des poissons d'eaux douces et saumâtres de l'Afrique de l'Ouest. Tome I. Col. Faune Tropicale n° XXVIII. París: Musée Royal de l'Afrique Centrale, Tervuren e ORSTOM.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Denticeps clupeoides en FishBase (en inglés). Contén breve información e varias ilustracións do peixe.
- Denticipitidae en FishBase (en inglés). Contén informacións sobre esta especie.