Denis Zvizdić
Denis Zvizdić | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 9 de xuño de 1964 |
Lugar de nacemento | Saraxevo |
Nacionalidade | Bosnia e Hercegovina |
Relixión | Sunnismo |
Alma máter | Universidad de Sarajevo |
Ocupación | Político |
Na rede | |
![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Denis Zvizdić, nado en Saraxevo o 9 de xuño de 1964, é un político, arquitecto e profesor bosníaco. Pertence ao Partido de Acción Democrática e foi Primeiro Ministro de Bosnia e Hercegovina dende 2015 a 2019.[1][2]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Nacido na cidade de Saraxevo no ano 1964 durante a época da República Federal Socialista de Iugoslavia. Procede dunha familia dedicada tamén á política, como o seu tío Avdo Campase, o seu primo Dubravko Campase e o seu outro primo Aljoša Čampara que actualmente Tenente de Alcalde de Saraxevo e Ministro do Interior do país. Cursou os seus estudos primarios e medios e seguidamente licenciouse en arquitectura pola Universidade de Saraxevo, na cal máis tarde se doutorou, e converteu en profesor.[3] Durante eses anos Denis foi unha das primeiras persoas en ingresar no Partido de Acción Democrática, no cal continúa.
No ano 2003, ocupou o seu primeiro cargo político sendo elixido como Presidente do Cantón de Saraievo e máis tarde foi presidente da Asemblea do mesmo cantón.[3][4] Posteriormente entre os anos 2010 e 2014 foi membro do Parlamento da Federación de Bosnia e Hercegovina.[3]
Tras unha votación realizada o día 11 de febreiro de 2015 na Cámara de Representantes, foi elixido en sucesión de Vjekoslav Bevanda como novo Presidente do Consello de Ministros de Bosnia e Hercegovina (xefe de goberno), sendo investido polos membros da presidencia o 31 de marzo do mesmo ano.
Ao chegar ao cargo comprometeuse a mellorar a acción da Adhesión de Bosnia e Hercegovina á Unión Europea.[4]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "BiH elects Denis Zvizdic as new chairman for state-level gov't". Xinhua News Agency. 12 de febrero de 2015. Consultado o 8 de marzo de 2015.
- ↑ "El Parlamento de Bosnia respalda al serbobosnio Zoran Tegeltija como primer ministro" (en castelán). 5 de decembro de 2019. Consultado o 7 de decembro de 2019.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 Elvira M. Jukic (19 de diciembre de 2014). "SDA Names Bosnia's New Prime Minister". Balkan Insight. Consultado o 8 de marzo de 2015.
- ↑ 4,0 4,1 "BiH elects Denis Zvizdic as new chairman of BiH Council of Ministers". Bosnia Today. 11 de febrero de 2015. Arquivado dende o orixinal o 23 de setembro de 2015. Consultado o 8 de marzo de 2015.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Denis Zvizdić ![]() |
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
Presidente do Consello de Ministros de Bosnia e Hercegovina | ||
---|---|---|
Segue a: Vjekoslav Bevanda |
Denis Zvizdić | Precede a: Zoran Tegeltija |
Partido de Acción Democrática |