Historia de Bosnia e Hercegovina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Historia de Bosnia e Hercegovina
Mapa
Localización de Historia de Bosnia e Hercegovina en Bosnia e Hercegovina
Historia de Bosnia e Hercegovina
Historia de Bosnia e Hercegovina (Bosnia e Hercegovina)
País Bosnia e Hercegovina Bosnia e Hercegovina

A historia de Bosnia e Hercegovina abrangue a historia de Bosnia e Hercegovina e a dos seus estados predecesores. A península dos Balcáns tivo asentamentos permanentes dende o Neolítico. Na Idade Antiga estivo habitada por ilirios e os celtas. O cristianismo chegou no século I, e no século IV a zona pasou a formar parte do Imperio Romano. As tribos xermánicas invadiron pouco despois, seguidas dos eslavos no século VI.

En 1136, Béla II de Hungría invadiu Bosnia e creou o título "Ban de Bosnia" como título honorífico para o seu fillo Ladislao II de Hungría. Durante este tempo, Bosnia tornouse practicamente autónoma, e finalmente foi proclamada reino en 1377. O Imperio Otomán invadiu o territorio en 1463, territorio que mantiveron máis de 400 anos. Provocaron grandes cambios no sistema político e administrativo, introduciron reformas agrarias e distincións de clase e relixiosas. Unha serie de levantamentos comezaron en 1831, que culminaron na rebelión herzegovina de 1875, un levantamento campesiño xeneralizado. O conflito finalmente obrigou aos otománs a ceder a administración do país a Imperio Austrohúngaro mediante o Tratado de Berlín en 1878.

O establecemento do Reino de Iugoslavia en 1929 trouxo o redeseño de rexións administrativas, o que evitaba todas as diferenzas culturais e étnicas e eliminaba calquera rastro de identidade bosníaca. O Reino de Iugoslavia foi conquistado polas forzas do Eixe na segunda guerra mundial, e Bosnia foi cedida ao Estado Independente de Croacia (NDH), o que provocou unha persecución e xenocidio xeneralizados.

Tras a derrota do Eixe, Bosnia e Hercegovina logrou as súas fronteiras actuais converténdose nunha unidade federal dentro da República Popular Federal de Iugoslavia, que máis tarde foi rebautizada como República Federal Socialista de Iugoslavia en 1963. Despois da disolución de Iugoslavia, comezou a guerra de Bosnia en 1992 que causou preto de 100 000 mortos e 2 millóns de refuxiados. Foi entón cando o país se converteu nun estado independente.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.