Demografía de Cangas
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2014.) |
A demografía de Cangas é similar á de Galiza, estando moi avellentada.
Poboación
[editar | editar a fonte]A poboación moza é reducida, aumentando a partir dos 15 anos ata acadar un número de poboación entre os 25 e 29 anos, a partir de aí empeza a decrecer progresivamente. A poboación anciá é maior en número de mulleres que de homes.
Parroquias | Homes | Mulleres | Total |
---|---|---|---|
Aldán | 1.316 | 1.335 | 2.651 |
Cangas | 3.231 | 3.349 | 6.580 |
Coiro | 3.009 | 3.064 | 6.073 |
Darbo | 3.304 | 3.338 | 6.642 |
Hío | 1.465 | 1.446 | 2.911 |
Total | 12.325 | 12532 | 24857 |
Tres parroquias aparecen moi igualadas (Cangas, Coiro e Darbo), cunha media de 6431 habitantes e as outras dúas mostran unha situación inferior, o redor de 2.781 habitantes. Cangas, en extensión territorial é máis pequena con só 0,87 km² pero ten un número de poboación elevada e Hío é a máis extensa con 18 km² e con 2.911 habitantes.
A estrutura de poboación por sexo e idade de Cangas pódese analizar na pirámide de idades. Trátase dunha poboación en proceso de avellentamento; onde a esperanza de vida é alta, xa que o 3,66% da poboación supera os 80 anos.
Na pirámide tamén se mostra como a taxa de natalidade é dun 9,97%, un índice baixo pero preto de ser moderado.
Emprego
[editar | editar a fonte]En 1996 había unha poboación activa de 8.847 (46,26 %), sendo o groso da pirámide de poboación. Nos últimos anos vese que en Cangas está evolucionando moito a industria e a construción. O sector terciario vai medrando cada vez máis. Máis da metade da poboación é activa e o número de parados (2.468) representaba un 28% desa poboación.[cando?] Case a metade da poboación que traballa son homes presentando un 49,3% pero pouco a pouco vai medrando o número de mulleres que se van incorporando. Nos últimos anos, grazas ao crecemento do sector da industria, moitas mulleres incorpóranse ao mundo laboral, sobre todo en fábricas de conservación de peixe etc.
A economía baséase na agricultura (patacas, legumes e vides), gandería (vacún, avícola e porcino), pesca (polbo, ollomol, xurelo e sardiña), industria (conservas) e comercio.
Poboación estranxeira
[editar | editar a fonte]En Cangas hai que ter en conta os movementos migratorios. O número de inmigrantes é cada vez maior, sobre todo a poboación procedente de países desmellorados.[Cómpre referencia] En Cangas hai sobre 357 inmigrantes.[cando?] Tamén hai que ter en conta que o número de persoas que marchan a outros países para adicarse ao traballo no mar.