Trifuncionalidade indoeuropea

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Deidades triplas»)

Enténdese por Trifuncionalidade indoeuropea ou Teoría da trifuncionalidade o modelo explicativo da sociedade indoeuropea baseado na existencia naquela época dunha organización social formada por tres elementos.

Historia[editar | editar a fonte]

O concepto das funcións tripartitas indoeuropeas desenvolveuno Georges Dumézil. Os seus traballos mostran que os esquemas mentais de todos os pobos indoeuropeos, sexan gregos, armenios, celtas, indoiranios, bálticos, xermanos, eslavos ou latinos, presentan un trazo común : a organización da sociedade segundo tres funcións primordiais. Atopamos esta estrutura esencialmente nos mitos, pero tamén nas estruturas narrativas, e na organización social - visíbel na teoría das ordes de Adalbéron de Laon: «os que rezan» (oratores), «os que loitan» (bellatores) e «os que traballan» (laboratores).

Iluminación medieval, British Library: o crego, o cabaleiro e o traballador.
  • A primeira función, chamada función sacerdotal, está ligada ao sagrado.
Tamén denominada función soberana, atopámola nos druídas celtas, a casta dos brahmanas indios, ou mesmo nos flamines romanos. Esta función corresponde ás divindades ligadas á maxia.
  • A segunda función, chamada función guerreira, está ligada á defensa do pobo.
Podemos considerar que abrangue o que poderiamos chamar a nobreza de espada, representada, por exemplo, polos cabaleiros medievais, os guerreiros ou os soldados. Atopamos esta función na segunda casta da India: os kshatriyas (tamén - rājanya). No seo desta función atopamos o principio de Xefatura, do rei, do rāja. Ademais, como resultas disto, na Roma antiga, para ser emperador, había que ter sido senador, e para iso tamén cidadán romano — o que non necesariamente significa habitar en Roma, senón sobre todo gozar do status de home libre do Imperio Romano, e, xa que logo, ter o dereito de voto. Para ser cidadán, había que ter sido soldado, polo tanto, guerreiro. Esta función corresponde ás divindades ligadas á forza física.
  • A terceira función, chamada función produtiva, está ligada á fecundidade.
Reúne os agricultores, gandeiros, artesáns e comerciantes. Corresponde á terceira casta da India: os vaisya (tamén - ārya), e ás divindades ligadas á paz, ao amor e a prosperidade.

Por medio da mitoloxía comparada Dumézil sacou á luz a existencia dun esquema tal. Por exemplo, é digno de mención que a máis antiga tríade (conxunto de tres deuses superiores) da mitoloxía romana, chamada tríade precapitolina, comprenda a Xúpiter, Marte e Quirino, que ocupan claramente cadansúa destas tres funcións.

As tres funcións hoxe[editar | editar a fonte]

Un exemplo contemporáneo: o brasón do distrito de Bad Aibling.

Para Dumézil,

o esquema tripartito morreu en Occidente cos Estados Xerais de 1789, cando a nobreza e o clero renderon a bandeira ante o terceiro estado. Por fin se deu respondido á pregunta: que é o terceiro estado? Pois, foi a ruína do sistema trifuncional[1].

Influencia e debates[editar | editar a fonte]

Esta tese tivo unha considerábel importancia. Hoxe continúa de actualidade, malia ser criticada (moi fortemente por Arnaldo Momigliano, un discípulo de Dumézil) e matizada. O mesmo Dumézil reelaborouna e matizouna de resultas das discusións que seguiron á primeira presentación.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Georges Dumézil, Le parcours initiatique d'un "parasite" des sciences humaines, entrevista de Didier Sanz para Autrement, « Passion du passé ». Paris, 1987. p.57. (en francés)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]