Declaración dos dereitos da muller e da cidadá
A introdución deste artigo precisa dunha ampliación, redución, carece de contexto ou non fornece un resumo axeitado do artigo segundo indica o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Atención: Este artigo ou apartado precisa dun traballo de revisión.
Cando os problemas se resolvan, retire esta mensaxe, pero non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado. De ser posible, sería mellor substituír este marcador por outro máis específico. (Desde febreiro de 2019) |
A Declaración dos dereitos da muller e da cidadá[1] constitúe o primeiro documento que se refire á igualdade xurídica e legal das mulleres en relación aos homes.[Cómpre referencia] Foi escrito por Olympe de Gouges en 1791.
Orixes
[editar | editar a fonte]A evolución do concepto dos dereitos humanos foi acorde coas épocas e os acontecementos. En 1776 foi recollido por primeira vez na Declaración de Dereitos de Virxinia (EUA) e en 1789 na Declaración dos dereitos do home e do cidadán, froito da Revolución Francesa. En ningún destes documentos se consideraron as mulleres.[Cómpre referencia] De feito, como se di no prólogo da Declaración dos dereitos da muller e da cidadá :
"o home pretende beneficiarse da revolución e reclamar os seus dereitos á igualdade, e nada máis)"[2]
Historia e difusión
[editar | editar a fonte]O texto foi escrito e asinado por Olympe de Gouges en 1791. O texto e a introdución estaban adicados á raíña María Antonieta. A estrutura da declaración calcaba a da Declaración dos dereitos do home e do cidadán de 1789. Nela reivindicaba a igualdade de dereitos entre homes e mulleres xa que non fora recollida no texto aprobado pola Asemblea Nacional.
A dedicatoria á raíña faise por medio do texto en forma de carta que precede á propia declaración, titulado " À la reine". Nel ráchanse os formalismos habituais, optando Olympe de Gouges por un estilo marcadamente directo. A autora solicita o apoio da raíña para a causa da igualdade entre homes e mulleres, para que deste xeito esta empresa poida gañar en importancia e acelerarse os seus resultados.[3]
A declaración tivo pouca difusión na súa época, a diferenza de Vindicación dos dereitos da muller escrita e publicada en 1792 por Mary Wollstonecraft. Caeu un pouco no esquecemento, xa que só se editaron algunhas partes do texto en 1840 e houbo que agardar a 1986 para acceder o texto completo, na edición de Benoîte Groult.[4]
A Declaración dos dereitos da muller e a cidadá, tachada de mera copia adaptada ao tema das mulleres, constitúe por si mesma unha alegación brillante e radical [Cómpre referencia] en favor das reivindicacións femininas e unha proclama auténtica da universalización dos dereitos humanos.
Olympe denunciaba que a revolución esquecía as mulleres no seu proxecto de igualdade e liberdade. Defendía que: "a muller nace libre e debe permanecer igual ao home en dereitos" e que "a Lei debe ser a expresión da vontade xeral; tódalas Cidadás e os Cidadáns deben contribuír, persoalmente ou por medio dos seus representantes, á súa formación".
Así mesmo, Olympe de Gouges reclamaba un trato igualitario cara ás mulleres en tódolos ámbitos da vida tanto públicos como privados: dereito ao voto e á propiedade privada, poder participar na educación e no exército, e exercer cargos públicos, chegando incluso a pedir a igualdade de poder na familia e na Igrexa.[Cómpre referencia]
Porén, parece que Olympe de Gouges non cría que mulleres e os homes fosen iguais. Ao contrario que a maioría das teóricas da igualdade, pensaba que había dúas naturezas distintas para homes e para mulleres, e que a das mulleres era superior. Esa convicción das dúas naturezas é palpable no texto que precede a declaración. [Cómpre referencia]
Porén, a formulación feminista non era compartida polos homes que dirixían a revolución,[Cómpre referencia] incluso entre os máis radicais deles. Foi tachada de traidora á revolución por opoñerse á pena de morte contra o rei Lois XVI e a súa familia, converténdose nun obxectivo do terror xacobino ao manifestarse contra Robespierre e Marat e a represión xacobina. Foi guillotinada en 1793.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Escritos políticos e literarios". Sotelo Blanco Edicións. Arquivado dende o orixinal o 02 de febreiro de 2017. Consultado o 22 de xaneiro de 2017.
- ↑ "L'homme seul s'est fagoté un principe de cette exception. Bizarre, aveugle, boursouflé de sciences et dégénéré, dans ce siècle de lumières et de sagacité, dans l'ignorance la plus crasse, il veut commander en despote sur un sexe qui a reçu toutes les facultés intellectuelles; il prétend jouir de la Révolution, et réclamer ses droits à l'égalité, pour ne rien dire de plus." Prólogo á Declaración dos dereitos da muller e cidadá
- ↑ Siess, Jürgen (2005). "Un discours politique au féminin. Le projet d’Olympe de Gouges". Mots.Les langages du politic (en francés) (78): 9–21.
- ↑ Pellegrin, Nicole (2008-11-01). "Les disparues de l’histoire". Le Monde diplomatique (en francés). Consultado o 2019-01-31.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- GUÉRIN, D. La lucha de clases en el apogeo de la Revolución Francesa, 1793-1795. Madrid, 1974, Alianza Editorial
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]A Galifontes posúe textos orixinais acerca de: Declaración dos dereitos da muller e da cidadá |
- Declaración dos dereitos da muller e da cidadá (en castelán)