Saltar ao contido

Decipher

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Decipher
Título orixinalDecipher
Autor/aStel Pavlou
OrixeReino Unido
Linguainglés
Xénero(s)Relixión, Suspense, Ficción especulativa
EditorialSimon & Schuster (RU)
Data de pub.2001
Páxinas624 p. (Edición no RU) e 400 p. (Edición de USA)
ISBNISBN 0-7432-0857-9
editar datos en Wikidata ]

Decipher é unha novela escrita polo escritor inglés Stel Pavlou que foi publicada no 2001 por Simon & Schuster (no Reino Unido) e no 2002 por St. Martin's Press (nos Estados Unidos).

Do máis profundo do xeo da Antártida sae un sinal. A Atlántida espertou. Os monumentos antigos do todo o mundo, dende as pirámides de Exipto e México ata os sitios arqueolóxicos sagrados da China, están reaccionando á crise que se aveciña. Os monumentos están conectándose a través dos océanos. Na terra conde o pánico, porque semella que os sinais procedentes da Atlántida son o preludio de algo meirande. Dous exércitos, o estadounidense e o chinés, están a piques de entrar en guerra polo control dos enigmas, codificados en anacos de cristal rescatados da cidade afundida. A humanidade tivo doce mil anos para interpretar as claves, pero agora só lle queda unha semana.

Personaxes

[editar | editar a fonte]
  • Richard Scott - Lingüista antropolóxico
  • Jon Hackett - Físico
  • Ralph Matheson - Enxeñeiro
  • Sarah Kelsey - Xeólogo
  • Bob Pearce - Remote Viewer
  • Almirante Dower - Xefe do Comando Espacial de USA
  • November Dryden - Estudante
  • Jack Bulger - Troubleshooter
  • Rip Thorne - CEO Rola Corp.
  • Carver - Mercenario
  • Clemmens - Enxeñeiro