Saltar ao contido

Dead Space

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Dead Space
 Instancia de
 Título
Dead Space (en) Editar o valor en Wikidata
 Epónimo
Características
 Tema principal
 Modo de xogo
 Lingua
 Motor gráfico
 Dispositivo de entrada
Implicados
 Deseñador/a
 Desenvolvedor/a
 Compositor/a
 Editorial
Datas
 Data de publicación
13 de outubro de 2008 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Parte da serie
 Premios e distincións
Localización
 País de orixe
Códigos e identificadores
Freebase/m/03c3hc_ Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
 Puntuación da crítica
Clasificación
PEGI
CERO
USK
IMDB: tt1267296 Youtube: UCl5RTT5ZvVdNqU4XLq--uLg Editar o valor en Wikidata
Wikidata

Dead Space é un videoxogo en terceira persoa pertencente ao xénero dos survival horror. Foi programado por EA Redwood Shores e distribuído por Electronic Arts para Xbox 360, PS3 e PC Windows en outubro de 2008.

Argumento

[editar | editar a fonte]

Dead Space narra unha historia de terror acontecida nunha nave espacial, denominada USG Ishimura. A nave interrompeu as comunicacións coa Terra e parece que perdeu a capacidade motriz. Un grupo de técnicos de mantemento foi enviado nun pequeno vehículo para reparar tanto as comunicacións coma os motores. O equipo componse dun enxeñeiro experimentado, Isaac Clarke; unha informática experta, Kendra Daniels; dous escoltas armados e o xefe do equipo, Zach Hammond. A bordo da nave descobren que esta atópase en alerta por perigo biolóxico. A maioría das comportas están pechadas e os circuítos de aire, selados. Os tripulantes da Ishimura desapareceron, pero unha serie de monstros agreden á expedición protagonista. Á medida que avanzan, descobren que aparentemente, un virus accedeu dende unha colonia á nave. O virus infectou aos tripulantes e converteunos en monstros, denominados necromorphs.

Recepción e crítica

[editar | editar a fonte]

Dead Space considerouse un dos mellores survival horror da sétima xeración de videoconsolas, acadando notas elevadas en distintos medios especializados. A versión de PC acadou un 86 [1], a de PS3, un 88 [2] e a de Xbox 360 un 89 [3].

As vendas foron máis discretas que outros xogos do mesmo xénero, coma Resident Evil 5. A versión de PS3 vendeu 1 millón de exemplares [4], mentres que a de Xbox 360 non superou tal cifra, quedándose nos 970.000 [5].

  1. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 26 de xuño de 2012. Consultado o 23 de marzo de 2010.
  2. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 27 de febreiro de 2010. Consultado o 23 de marzo de 2010.
  3. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2010. Consultado o 23 de marzo de 2010.
  4. http://www.vgchartz.com/games/game.php?id=13107
  5. http://www.vgchartz.com/games/game.php?id=23325