Saltar ao contido

De Havilland Venom

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
De Havilland Venom
De Havillnad Venom en Míchigan, 2002.
Tipocazabombardeiro monopraza
Fabricantede Havilland
Primeiro voo2 de setembro de 1949
Introducido1952
Retirado1983
Principais usuariosRoyal Air Force
Forza Aérea de Suecia
Forza Aérea de Suíza
Forza Aérea de Venezuela
Unidades construídas1 431
Variantesde Havilland Sea Venom/Aquilon

O De Havilland Venom foi deseñado como substituto do Vampire, do que herdou o mesmo deseño básico pero cunha ala en frecha moderada e máis delgada e cun motor Ghost no lugar do Goblin orixinal. O Venom FB.Mk 1 entrou en servizo no Escuadrón 11 en agosto do 1952. No ano 1955 substituílle o FB.Mk 4, con aleróns servoasistidos e temóns de dirección maiores. O Venom nunca serviu en escuadróns baseados en Gran Bretaña, pero equipou nove deles despregados na RFA entre o 1952 e o 1957, tres en Extremo Oriente e sete en Oriente Medio. Entrou en acción en Suez, durante a rebelión omaní e na longa guerra de Malaisia. O derradeiro FB.Mk 4 foi dado de baixa, polo 28 Escuadrón de Hong Kong, en xullo do 1962.

Especificacións

[editar | editar a fonte]

Tipo: Cazabombardeiro monopraza De Havilland Venom FB.Mk 4.

Construtor: De Havilland

Ano: 1949

Principal usuario: Royal Air Force e a Fleet Air Arm

Envergadura: 12,69 m.

Lonxitude: 9,70 m.

Altura: 1,88 m.

Área alar: 25,90 m².

Peso baleiro: 4.173 Kg.

Peso cargado: 7.000 Kg.

Planta motriz: 1 De Havilland Ghost de 4.850 libras de pulo.

Armamento: 4 canóns de 20 mm a proa e 2.000 libras de bombas e foguetes subalares.

Velocidade máxima: 640 millas/h ó nivel do mar.

Alcance operacional: 500 millas

Caza nocturno

[editar | editar a fonte]
De Havilland Venom

A versión de caza nocturno do De Havilland Venom foi un desenvolvemento do modelo de cazabombardeiro do mesmo, cun segundo asento para o radarista, nunha proa ensanchada e dotada dun bulbo que alberga a antena do radar. Os 180 exemplares producidos serviron en sete escuadróns da RAF como substitutos dos Vampire e Meteor.

O Venom NF.Mk 2 entrou en servizo en 1953 no 23º Escuadrón, seguido en xuño do 1955 polo NF.Mk 3, cun radar mellorado, temóns de dirección servoasistidos e cuberta dunha peza. O derradeiro exemplar foi retirado do Mando de Caza no 1958, substituído polo Javelin. Algúns aparellos empregáronse para probar o mísil Firestreak.

Especificacións

[editar | editar a fonte]
  • Tipo: Caza nocturno bipraza De Havilland Venom NF.Mk 3
  • Construtor: De Havilland
  • Ano: 1950
  • Principal usuario: Royal Air Force
  • Envergadura: 12,69 m.
  • Lonxitude: 11,17 m.
  • Altura: 1,88 m.
  • Área alar: 25,9 m².
  • Planta motriz: 1 De Havilland Ghost 104 de 4.950 libras de pulo unitario.
  • Armamento: 4 canóns de 20 mm a proa.
  • Velocidade máxima: 630 millas/h
  • Alcance operacional: 1.000 millas