Gloster Javelin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gloster Javelin FAW.Mk 9


A raíz dunhas probas comparativas có futuro Sea Vixen, o Javelin foi escollido para substituír ós cazas nocturnos Venom e Meteor en servizo nos escuadróns todotempo da RAF. O prototipo voou o 26 de novembro do 1951, pero era un avión demasiado innovador e os primeiros aparellos de serie non puideron ser entregados ata febreiro do 1956. As variantes sucesivas introducían un radar e uns motores novos, así como, no FAW.Mk 7, mísiles Firestreak. Cara os anos 60, o Javelin foi retirado do Mando de Caza no 1964, da RAF Germany no 1966 e do Extremo Oriente en abril do 1968, sendo declarado obsoleto.

Especificacións[editar | editar a fonte]

Tipo: Interceptador todotempo bipraza Gloster Javelin FAW.Mk 9.

Construtor: Gloster Aircraft Company

Ano: 1951

Principal usuario: Royal Air Force

Envergadura: 15,84 m.

Lonxitude: 17,29 m.

Altura: 4,88 m.

Área alar: 86 m2.

Peso baleiro: 10.886 Kg.

Peso cargado: 14.325 Kg.

Planta motriz: 2 Bristol Siddeley Sapphire de 8.300 libras de empuxe unitario.

Armamento: 2 canóns Aden de 30 mm a proa e 4 AAM Firestreak en soportes subalares.

Velocidade máxima: 620 millas/h

Alcance operacional: 930 millas