Gloster Meteor
Gloster Meteor | |
---|---|
RDAF Gloster Meteor | |
Tipo | Caza |
Fabricante | Gloster Aircraft Company Armstrong-Whitworth |
Deseñado por | George Carter |
Introducido | 27 de xullo de 1944 |
O Gloster Meteor converteuse no primeiro reactor operacional da Royal Air Force (RAF) cando en xullo de 1944, entrou en servizo no Escuadrón 616; realizara con anterioridade o seu primeiro voo o 5 de marzo do 1943. Ó Meteor I con motores Welland seguiuno o Meteor III, con turbinas Derwent, e ámbolos dous tiveron unha actuación relevante ó longo da II Guerra Mundial, sobre todo contra as bombas voantes V-1. O F.Mk 4 tiña motores máis potentes e formou a espiña dorsal do Mando de Caza a finais dos anos corenta. A partir do 1950, o F.Mk 4 foi remprazado polo moi mellorado F.Mk 8, con motores repotenciados e unha fuselaxe alongada que lle daba unha maior cabida de carburante e un mellor goberno a alta velocidade. Asemade instalouse unha nova cola e un asento exectábel. O derradeiro escuadrón de primeira liña foi disolto en abril do 1957, pero os Meteor serviron como remolcadores de brancos e avións estafeta ata o ano 1982. Entre os anos 1950 e 1955 o F.Mk 8 foi a espiña dorsal do Mando de Caza da RAF, equipando a 19 escuadróns regulares e 10 auxiliares.
O Gloster Meteor serviu de base para a creación do Armstrong Whitworth Meteor.
Especificacións[editar | editar a fonte]
- Tipo: caza diúrno monopraza Gloster Meteor F.Mk 8
- Construtor: Gloster Aircraft Company
- Ano: 1944
- Principal usuario: Royal Air Force
- Envergadura: 11,32 m.
- Lonxitude: 13,58 m.
- Altura: 3,96 m.
- Área alar: 32,52 m².
- Peso baleiro: 4.846 Kg.
- Peso cargado: 7.121 Kg.
- Planta motriz: 2 Rolls-Royce Derwent 8 de 3.600 libras de empuxe unitario.
- Armamento: 4 canóns de 20 mm a proa e foguetes ou tanques lanzábeis subalaes.
- Velocidade máxima: 590 millas/h
- Alcance operacional: 980 millas