David Rudisha

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
David Rudisha
Rudisha no Campionato do Mundo de Daegu 2011.
Información persoal
NacionalidadeKenyano
Nacemento17 de decembro de 1988 (35 anos)
Kilgoris, Quenia Kenya
Altura1,90 m
Deporte
PaísKenya
Deporte800 m
Na rede
http://www.rudishadavid.com/
Twitter: rudishadavid IAAF: 14209691 Olympic.org: david-lekuta-rudisha Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

David Lekuta Rudisha, nado o 17 de decembro de 1988 en Kilgoris (Kenya), é un atleta kenyano especialista nos 800 m. É o actual campión olímpico e mundial nesta distancia, posuíndo ademais o récord mundial cunha marca de 1:40,91, conseguida o día 9 de agosto de 2012 nos Xogos Olímpicos de Londres 2012.[1] Na tempada do 2010 foi elixido como "Atleta do ano" por parte da IAAF.[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

David Rudisha é fillo de Daniel Rudisha, medallista olímpico nos Xogos Olímpicos de 1968 disputados en México na proba de relevos 4x400 m; mentres que a súa nai Tamisha, é unha recoñecida cantante de música folk.[3] É o sexto de sete irmáns e pertence ao pobo masai.[4] Comezou a súa carreira no ano 2004 en competicións locais na proba de décatlon, e no 2005 comezou o seu adestramento co exitoso adestrador e misioneiro irlandés Com O´Connel,[5] quen lle recomendou probar sorte nos 800 m. Nesta distancia logrou a medalla de ouro no Campionato Mundial Júnior de Atletismo de 2006, e dende aquela foi coñecido como «O orgullo de África», o mesmo lema da aeroliña Kenya Airways.[4][6][7]

No 2007 conquistou outra medalla de ouro no Campionato Africano Júnior cunha marca de 1:46,41, así como a súa primeira vitoria nunha competición da IAAF Golden League. Na seguinte tempada acadou o primeiro posto no Campionato Africano de Atletismo de 2008. Porén, sufriu unha lesión que lle impediu participar nas probas clasificatorias para os Xogos Olímpicos de 2008 celebrados en Pequín. No 2009 participou no Campionato do Mundo de Atletismo de 2009 que tivo lugar en Berlín, no que chegou até as semifinais.[8]

Plusmarca mundial[editar | editar a fonte]

No 2010, Rudisha gañou outra medalla de ouro no Campionato Africano de Nairobi cunha nova marca da competición (1:42,84).[9] Ademais, logrou a fazaña de superar o récord mundial en dúas ocasións: a primeira o día 22 de agosto durante a Internationales Stadionfest de Alemaña (1:41,09),[10] e xusto unha semana despois na reunión de Rieti, Italia (1:41,01),[1] ámbalas dúas parte do IAAF World Challenge. Tamén foi un dos triunfadores da Liga de Diamante desa tempada. Todos estes logros valéronlle ser elixido como "Atleta do ano" xunto a Blanka Vlašić.

O campionato mundial de Daegu[editar | editar a fonte]

Na tempada 2011, logrou a mellor marca do ano en Mónaco no mes de xullo (1:42,61), durante a décima data da Liga de Diamante, competición na cal repetiu como un dos vencedores;[11] e no Campionato do Mundo de Atletismo de 2011 celebrado en Daegu, conquistou o seu primeiro título absoluto cunha marca de 1:43,91.[12] Posteriormente, en Rieti, mellorou a súa propia marca do ano cun rexistro de 1:41,33.[13]

Porén, a súa xeira de triunfos foi interrompida o 18 de setembro en Milán (Italia), cando o etíope Mohamed Aman se impuxo na proba.[14]

Os Xogos Olímpicos de Londres e nova plusmarca mundial[editar | editar a fonte]

O 9 de xuño de 2012, asistiu por primeira vez a unha competición no continente americano. A carreira tivo lugar en Nova York como parte da sexta data da Liga de Diamante; na que Rudisha levou un folgado triunfo cunha marca de 1:41,74,[15] o mellor tempo conseguido nos Estados Unidos nos 800 m.[16] Posteriormente, o 24 de xuño gañou por primeira vez unha praza para competir nos Xogos Olímpicos de Londres 2012 nas probas clasificatorias realizadas en Nairobi, cun rexistro de 1:42,12.[17]

En Londres, onde foi abandeirado da delegación kenyana, o xoves 9 de agosto de 2012 gañou a medalla de ouro, batendo ademais a plusmarca mundial cun tempo de 1:40,91. De feito, xa tiña en mente superar a marca antes da carreira, que se converteu nunha batalla sen rival. Demostrouno desde o inicio, cando aos 200 m xa cronometrara un tempo extraordinario de 23,4 s. Rematada a proba, Rudisha declarou que non tiña dúbida en gañar, que o clima era ideal e polo tanto decidiu bater a súa propia plusmarca.[18]

Debido á fazaña, Rudisha é sido considerado o mellor na proba en tódolos tempos; o mesmo Sebastian Coe opinou que era unha "proeza inesquecible" e que a vitoria era das máis memorables da historia olímpica. A carreira é considerada a máis rápida da historia nesta distancia, xa que os oito competidores correron por debaixo dun minuto e 44 segundos.[18][19]

Marcas persoais[editar | editar a fonte]

Proba Tempo Lugar Data
400 m 45,50 s Sydney (AUS) 27/02/2010
800 m 1:40,91 Londres (GRB) 09/08/2012

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Iaaf.org". Arquivado dende o orixinal o 11 de xaneiro de 2014. Consultado o 10 de agosto de 2012. 
  2. IAAF: Rudisha and Vlasic are World Athletes of the Year – 2010 World Athletics Gala
  3. "Ten things you never knew about David Rudisha". Arquivado dende o orixinal o 17 de decembro de 2011. Consultado o 10 de agosto de 2012. 
  4. 4,0 4,1 IAAF: Focus on Athletes - David Lekuta RUDISHA Arquivado 14 de agosto de 2012 en Wayback Machine.
  5. The Sun: Irish missionary fires Rudisha to top Arquivado 10 de agosto de 2012 en Wayback Machine.
  6. Sport: David Rudisha: O guerreiro Masai
  7. Guiness World Records: LONDON 2012: ONES TO WATCH: DAVID RUDISHA, KENYA, MEN’S 800M Arquivado 10 de xuño de 2013 en Wayback Machine.
  8. Berlín 2009: 800 metres - semifinal Arquivado 08 de agosto de 2012 en Wayback Machine.
  9. IAAF: Rudisha sizzles 1:42.84 as Kenya collects three golds in Nairobi - African champs, day 3 Arquivado 12 de decembro de 2010 en Wayback Machine.
  10. IAAF: 1:41.09 800m World record by Rudisha in Berlin
  11. Terra: Rudisha registra la mejor marca del año en los 800 metros de Mónaco Arquivado 13 de abril de 2020 en Wayback Machine.
  12. Marca: David Rudisha rey sin discusión de los 800 metros
  13. IAAF: Rieti’s temple to middle distance witnesses Rudisha clock 1:41.33 and Kiprop romp to 3:30.46 in Rieti - IAAF World Challenge
  14. IAAF: Teenager Aman ends Rudisha’s win streak in rainy Milan
  15. IAAF: Rudisha's sensational 1:41.74 one of four world leads in New York - REPORT - Samsung Diamond League Arquivado 28 de agosto de 2012 en Wayback Machine.
  16. Competitor: David Rudisha Shines In New York Arquivado 17 de agosto de 2012 en Wayback Machine.
  17. IAAF: Rudisha runs 1:42.12 at altitude – Kenyan Olympic Trials Arquivado 28 de xuño de 2012 en Wayback Machine.
  18. 18,0 18,1 IAAF: Stunning! Rudisha 1:40.91 World Record in London! - UPDATED
  19. UPI: Olympic Medal: M 800

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Predecesor:
Wilson Kipketer
Plusmarquista mundial de 800 m lisos
Desde 22 de agosto de 2010
Sucesor: