Joy (filme de 2015)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Joy
Jennifer Lawrence at 214. Wetten, dass.. ? show in Graz, 8. Nov. 2014 cropped.jpg
Jennifer Lawrence protagoniza Joy
Ficha técnica
DirectorDavid O. Russell
ProdutorJohn Davis
Megan Ellison
David O. Russell
GuiónAnnie Mumolo
David O. Russell
IntérpretesJennifer Lawrence
Bradley Cooper
Robert De Niro
Édgar Ramírez
Elisabeth Röhm
Isabella Rossellini
Diane Ladd
Virginia Madsen
MúsicaMichael Giacchino
FotografíaLinus Sandgren
MontaxeJay Cassidy
EstudioDavis Entertainment
Annapurna Pictures
Distribuidora20th Century Fox
Estrea25 de decembro de 2015 (Estados Unidos de América); 8 de xaneiro de 2016 (Galicia)
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroDrama, Comedia

Joy é un filme biográfico estadounidense de comedia-dramática de 2015, dirixido por David O. Russell, e protagonizado por Jennifer Lawrence (Joy Mangano), Bradley Cooper (un executivo da Home Shopping Network), Robert De Niro (pai de Joy) e Édgar Ramírez (ex home de Joy).

A rodaxe comezou en Boston o 16 de febreiro de 2015. Estreouse o 25 de decembro de 2015 no Estados Unidos de América, e o 8 de xaneiro de 2016 en Galicia, coa dobraxe en castelán.

Argumento[editar | editar a fonte]

O filme conta a historia de Joy, unha moza que vive cunha familia desestruturada, no mesmo fogar vive a súa avoa, a súa filla pequena, a súa nai, enganchada ás novelas televisivas, e seu pai, que vive no soto co ex-marido de Joy, un home latino. Joy intenta sobrevivir e ter éxito e intenta lanzar a patente dunha orixinal fregona a través dunha teletenda.

Personaxes[editar | editar a fonte]

Produción[editar | editar a fonte]

En xaneiro de 2014, David O. Russell deu a coñecer o seu próximo proxecto, un drama sobre a extraordinaria historia dunha inventora e empresaria americana Joy Mangano, a súa loita en Long Island sendo nai solteira. Russell contratou a Jennifer Lawrence para desenvolver o papel principal do filme; John Davis e John Fox producirían o filme de Davis Entertainment xunto con Ken Mok, mentres que a 20th Century Fox sería titular do dereito de distribución.

A principios de novembro de 2014, Russell dixo que é "unha grande oportunidade para Jennifer de facer algo que non fixera antes" tamén revelou que gustaría de ter a Robert De Niro no elenco e que tamén creara un papel para Bradley Cooper como protagonista.[10] O 11 de novembro, informouse de que De Niro estaba en negociacións finais para volver a traballar con Russell e Lawrence no filme para interpretar o pai de Joy Mangano.[11]; e a principios de decembro de 2014, Cooper confirmou o papel para interpretar a un executivo da "Home Shopping Network" que axuda a Joy no lanzamento da fregona 'Miracle Mop'. Rumoreábase tamén que Melissa Leo estaría no elenco do filme. O 8 de decembro, Édgar Ramírez uniuse ao elenco como Tony Miranne, ex-home de Joy. Outros membros do elenco, como Isabella Rossellini, Diane Ladd e Virginia Madsen foron dados a coñecer o 17 de febreiro de 2015.

Rodaxe[editar | editar a fonte]

A rodaxe iniciouse en febreiro de 2015, xusto despois de que De Niro rematase a rodaxe de Dirty Grandpa. Comezou o 9 de febreiro de 2015 en Boston, Massachusetts, sería a terceiro filme de Russell rodado na zona.[12][13] Por mor da neve na cidade a rodaxe pospúxose ao 19 de febreiro, e durou até o 26 de febreiro.[14][15] Despois de filmaren en Wilmington, a produción trasladouse ao Norte Reading, onde a rodaxe tivo lugar en marzo de 2015[16] Máis tarde, o 17 de marzo de 2015, os membros da produción foron vistos filmando en Winchester, MA.[17] O 23 de marzo, a rodaxe realizouse en Reading do Norte. En abril, Lawrence e De Niro foron vistos filmando en Lynn, MA.[18] O 8 de abril, a rodaxe tivo lugar en Hawthorne Hotel en Salem, Massachusetts. O 11 de abril a produción, instalouse para a rodaxe que tivo lugar en Washington Street no centro de Haverhill, MA o 14 de abril.[19]

Premios e nomeamentos[editar | editar a fonte]

Premio Categoría Receptores Resultado Ref(s)
Premios Óscar Mellor actriz Jennifer Lawrence pendente [20]
Globos de Ouro Mellor filme - Comedia ou musical Joy nomeada [21][22]
Mellor actriz - Comedia ou musical Jennifer Lawrence Gañadora
Crítica de Detroit Mellor actriz Jennifer Lawrence Nomeada [23]
Mellor elenco Jennifer Lawrence, Bradley Cooper, Robert De Niro, Édgar Ramírez, Elisabeth Röhm, Isabella Rossellini, Diane Ladd, Virginia Madsen Nomeados
Círculo de Críticos de Phoenix Mellor actriz Jennifer Lawrence Nomeada [24]
Mellor comedia Joy Nomeada
Festival de Capri-Hollywood Mellor guion orixinal David O. Russell & Annie Mumolo Gañadores [25]
Editores de Cine de Estados Unidos Mellor montaxe nun filme de comedia ou musical Jay Cassidy pendente [26]
Premios Artio (Casting Society of America) Comedia de grande orzamento Mary Vernieu, Lindsay Graham, Angela Peri pendente [27]
Gremio de directores artísticos (ADG) Mellor dirección artística nun filme contemporáneo Judy Becker pendente [28]
Crítica de Denver Mellor comedia Joy nomeada [29][30]
Gremio de deseñadores de vestiario (CDG) Mellor vestiario nun filme contemporáneo Michael Wilkinson pendente [31]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "‘American Hustle’s David O Russell,Jennifer Lawrence Circle Joy Mangano Story At Fox 2000" (en inglés). Deadline. 30 de xaneiro de 2014. Consultado o 1º de maio de 2015. 
  2. ""Isabella Crovetti-Cramp's going to play Jennifer Lawrence's "Young Joy" "" (en inglés). Twitter. 26 de marzo de 2015. Consultado o 1º de maio de 2015. 
  3. "Bradley Cooper Confirmed to Reunite with Jennifer Lawrence for David O. Russell ’ s Joy, Melissa Leo in Talks" (en inglés). Finalreel. 5 de decembro de 2014. Consultado o 1 de maio de 2015. 
  4. "Robert De Niro Confirms He Will Reteam with Jennifer Lawrence and David O. Russell on ‘Joy’" (en inglés). Variety. 17 de novembro de 2014. Consultado o 1 de maio de 2015. 
  5. "Edgar Ramirez Joins Jennifer Lawrence in David O. Russell’s ‘Joy’" (en inglés). Variety. 8 de novembro de 2014. Consultado o 1 de maio de 2015. 
  6. "Elisabeth Rohm Joins Jennifer Lawrence in ‘Joy’" (en inglés). Variety. 27 de febreiro de 2015. Consultado o 1º de maio de 2015. 
  7. "‘Orange Is The New Black’s Dascha Polanco Joins Jennifer Lawrence In ‘Joy’" (en inglés). Deadline. 5 de marzo de 2015. Consultado o 1 de maio de 2015. 
  8. 8,0 8,1 8,2 "‘Joy’ biopic starring Jennifer Lawrence begins filming" (en inglés). MyNewsla. 17 de febreiro de 2015. Consultado o 1 de maio de 2015. 
  9. "Reality Bites: Donna Mills Gets "A Little Pushy" (But Not Bitchy!) in Queens of Drama" (en inglés). TVInsider. 15 de abril de 2015. Consultado o 1 de maio de 2015. 
  10. "A Q &A with David O . Russell ahead of his Omaha event" (en inglés). Omaha. 9 de novembro de 2014. Consultado o 1 de maio de 2015. 
  11. "Robert De Niro in Talks to Reteam With Jennifer Lawrence for Miracle Mop Movie (Exclusive)" (en inglés). HollywoodReporter. 11 de novembro de 2014. Consultado o 1 de maio de 2015. 
  12. ""‘Joy’ begins filming in Mass. on Monday"" (en inglés). BostonGlobe. 6 de febreiro de 2015. Consultado o 1 de maio de 2015. 
  13. "‘Joy’, starring Jennifer Lawrence, Robert De Niro and Bradley Cooper, will begin filming in Boston in February" (en inglés). Onlocationvacations. 31 de xaneiro de 2015. Consultado o 1 de maio de 2015. 
  14. "David O. Russell project will film in Wilmington" (en inglés). BostonGlobe. 12 de febreiro de 2015. Consultado o 1 de maio de 2015. 
  15. "Wilmington's 'Baptism' into Hollywood" (en inglés). Lowellsun. 10 de febreiro de 2015. Consultado o 1 de maio de 2015. 
  16. "More dates announced for ‘Joy’, starring Jennifer Lawrence, filming in North Reading, MA" (en inglés). Onlocationvacations. 3 de marzo de 2015. Consultado o 1 de maio de 2015. 
  17. "‘Joy’, starring Jennifer Lawrence, is filming in Winchester, MA today" (en inglés). Onlocationvacations. 17 de marzo de 2015. Consultado o 1 de maio de 2015. 
  18. "Lynn Seaport Landing set for DeNiro" (en inglés). Itemlive. Arquivado dende o orixinal o 08 de abril de 2015. Consultado o 1 de maio de 2015. 
  19. ""Major movie comes to Haverhill"" (en inglés). EagleTribune. Consultado o 1 de maio de 2015. 
  20. "Lista de nomeados aos Oscar 2016". Consultado o 15 de xaneiro de 2016. 
  21. "Listado completo de nominados a los Globos de Oro". Consultado o 10 de decembro de 2015. 
  22. "Globos de Oro: 'El renacido', 'Marte' y 'Steve Jobs', grandes triunfadoras". Consultado o 11 de xaneiro de 2016. 
  23. "'Brooklyn' lidera las nominaciones de la crítica de Detroit". Consultado o 11 de decembro de 2015. 
  24. "Lista de candidatos a los premios del Círculo de Críticos de Phoenix". Consultado o 12 de decembre de 2015. 
  25. "'Los odiosos ocho' triunfa en el Festival de Capri-Hollywood". Consultado o 3 de xaneiro de 2016. 
  26. "Nominaciones del gremio de montadores: 'Spotlight', fuera". Consultado o 4 de xaneiro de 2016. 
  27. "Nominaciones de los premios de la Casting Society of America". Consultado o 4 de xaneiro de 2016. 
  28. "Nominaciones del gremio de directores artísticos". Consultado o 5 de xaneiro de 2016. 
  29. "Lista de nominados a los premios de la Crítica de Denver". Consultado o 6 de xaneiro de 2016. 
  30. "Todos los favoritos de la crítica vencen en Denver". Consultado o 11 de xaneiro de 2016. 
  31. "Nominaciones del gremio de diseñadores de vestuario (CDG)". Consultado o 7 de xaneiro de 2016.