Datum
Un datum xeodésico ou sistema de referencia xeodésico é un sistema de coordenadas e un conxunto de puntos de referencia empregados para localizar lugar sobre a Terra ou en obxectos similares. Unha definición aproximada de nivel do mar é o datum WGS 84, un elipsoide, aínda que unha definición máis exacta é o Modelo Gravitacional da Terra 2008 (EGM2008), que emprega polo menos 2159 harmónicos esféricos. Definíronse outros datums para outras áreas ou noutras épocas. Así, o ED50 definiuse en 1950 para Europa e difire do WGS 84 en varios centos de metros dependendo do lugar.
Marte non ten océanos e polo tanto non existe un nivel do mar, mais deseñáronse polo menos dous datums para localizar lugares na súa superficie.
Os datums empréganse en xeodesia, navegación e cartografía, ademais de sistemas de navegación por satélite para trasladar posicións indicadas en mapas á súa posición real na Terra. Comézase cun elipsoide e defínense as coordenadas latitude, lonxitude e altitude. Un ou máis lugares sobre a superficie da Terra escóllense como puntos bases.
A diferenza en coordenadas entre datums adoita referirse como desprazamento do datum. Este desprazamento ppode variar dun lugar a outro nun país ou rexión, e pode variar entre cero e centos de metros (ou varios quilómetros para algunhas illas remotas). O Polo Norte, o Polo Sur e o Ecuador estarán en diferentes posicións en diferentes datums, xa que o norte verdadeiro será lixeiramente distinto. Datums diferentes empregan interpolacións diferentes para a forma e tamaño preciso da Terra.
Dado que a Terra é un elipsoide de referencia imperfecto, os datums localizados poden dar unha representación máis exacta da área que cobren que o WGS 84. Por exemplo, o OSGB36 é unha aproximación mellor ao xeoide nas illas Británicas que o WGS 84 global.[1] Porén, debido ao beneficio dun sistema global, o datum WGS84 está a aumentar a súa adopción.[2]
Os datums horizontais empréganse para describir un punto sobre a superficie da Terra en latitude e lonxitude ou outro sistema de coordenadas. Os datums verticais miden elevacións ou profundidades.
Exemplos
[editar | editar a fonte]- WGS 84, 72, 66 e 60 do Sistema Xeodésico Mundial.
- NAD83, datum norteamericano, moi similar ao WGS 84.
- NAD27, antigo datum norteamericano, do que o NAD83 é un axuste.[3]
- OSGB36 do Ordnance Survey do Reino Unido.
- ETRS89, datum europeo, relacionado co ITRS.
- ED50, antigo datum europeo.
- GDA94, datum australiano.[4]
- JGD2011, datum xaponés, axustado polos cambios causados polo terremoto e tsunami de Tōhoku de 2011.[5]
- Tokyo97, antigo datum xaponés.[6]
- KGD2002, datum coreano.[7]
- TWD67 e TWD97, diferentes datums empregados en Taiwán.[8]
- BJS54 e XAS80, antigos datums empregados na China.[9]
- GCJ-02 e BD-09, datums chineses encriptados.
- PZ-90.11, referencia xeodésica empregada por GLONASS.[10]
- GTRF, referencia xeodésica empregada polo sistema Galileo.[11]
- CGCS2000 ou CGS-2000, referencia xeodésica empregado polo sistema de navegación BeiDou.[11][12][13]
- International Terrestrial Reference Frame (ITRF88, 89, 90, 91, 92, 93, 94, 96, 97, 2000, 2005, 2008, 2014), diferentes realizacións do ITRS.[14][15]
- Hong Kong Principal Datum, datum vertical empregado en Hong Kong.[16][17]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Geoid—Help | ArcGIS for Desktop". desktop.arcgis.com. Arquivado dende o orixinal o 02-02-2017. Consultado o 23-01-2017.
- ↑ "Datums—Help | ArcGIS for Desktop". desktop.arcgis.com. Arquivado dende o orixinal o 02-02-2017. Consultado o 23-01-2017.
- ↑ NAD
- ↑ krei@rmmdesign.com.au, Alex Craven (RMM Design). "GDA94 : Frequently Asked Questions". www.geoproject.com.au. Arquivado dende o orixinal o 15-08-2016. Consultado o 07-08-2020.
- ↑ "日本測地系2011(JGD2011)とは? - 空間情報クラブ". club.informatix.co.jp. 20-08-2015. Arquivado dende o orixinal o 20-08-2016.
- ↑ "座標変換ソフトウェア TKY2JGD|国土地理院". www.gsi.go.jp. Arquivado dende o orixinal o 05-11-2017.
- ↑ Yang, H.; Lee, Y.; Choi, Y.; Kwon, J.; Lee, H.; Jeong, K. (2007). "The Korean Datum Change to a World Geodetic System". AGU Spring Meeting Abstracts 2007: G33B–03. Bibcode:2007AGUSM.G33B..03Y.
- ↑ 台灣地圖夢想家-SunRiver. "大地座標系統與二度分帶座標解讀 - 上河文化". www.sunriver.com.tw. Arquivado dende o orixinal o 20-18-2016.
- ↑ Analysis of Conversion Method and Map Merging from BJS54 XA80 Surveying and Mapping Results to CGCS2000 Arquivado 18-09-2016 en Wayback Machine.
- ↑ "The transition to using the terrestrial geocentric coordinate system "Parametry Zemli 1990" (PZ-90.11) in operating the GLObal NAvigation Satellite System (GLONASS) has been implemented". www.glonass-iac.ru. Arquivado dende o orixinal o 07-09-2015.
- ↑ 11,0 11,1 "Use of international references for GNSS operations and applications" (PDF). unoosa.org. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 22-12-2017.
- ↑ Handbook of Satellite Orbits: From Kepler to GPS, Table 14.2
- ↑ BeiDou Navigation Satellite System Signal In Space Interface Control Document, Open Service Signal (Version 2.0) Arquivado 08-07-2016 en Wayback Machine. section 3.2
- ↑ "Archived copy" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 26-01-2017. Consultado o 19-08-2016.
- ↑ "General concepts". itrf.ensg.ign.fr. Arquivado dende o orixinal o 04-12-2008. Consultado o 07-08-2020.
- ↑ "Vertical Datum used in China – Hong Kong – onshore". Arquivado dende o orixinal o 13-11-2012.
- ↑ "Explanatory Notes on Geodetic Datums in Hong Kong" (PDF). geodetic.gov.hk. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 09-11-2016. Consultado o 19-08-2016.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- GeographicLib includes a utility CartConvert which converts between geodetic and geocentric (ECEF) or local Cartesian (ENU) coordinates. This provides accurate results for all inputs including points close to the center of the Earth.
- A collection of geodetic functions that solve a variety of problems in geodesy in Matlab.
- NGS FAQ – What is a geodetic datum?
- About the surface of the Earth on kartoweb.itc.nl