Dastarkhān

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dastorqon (дасторкон) en Kirguizistán.

Dastarkhān (en casaco: дастарқан, en persa دسترخوان e en urdú دسترخوان), dastorqon (en kirguiz: дасторкон) ou дастурхон (en uzbeko: дастурхон) é o nome que se emprega en Asia Central para designar ao espazo onde se xanta. O termo pódese referir ao mantel estendido no chan, piso ou táboa empregado para manter a comida limpa, aínda que tamén se pode referir a todo o conxunto da comida.

O dastarkhan posúe un importante significado cultural segundo os diferentes grupos étnicos, tanto que existen numerosas tradicións, costumes e normas acerca do uso do dastarkhan. Entre elas, a de que sempre haxa nel un dispensador de bebida (normalmente ) ou a de que ninguén debe pisar as esquinas do dastarkahn.