Darío Rivas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaDarío Rivas
Biografía
Nacemento1920 Editar o valor em Wikidata
Loentia, España Editar o valor em Wikidata
Morte15 de abril de 2019 Editar o valor em Wikidata (98/99 anos)
Buenos Aires, Arxentina Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiSeverino Rivas Barja Editar o valor em Wikidata

Darío Rivas Cando, nado en Loentia (Castro de Rei) en 1920 e finado en Buenos Aires o 15 de abril de 2019, foi o primeiro querelante español da causa que investiga na Arxentina os crimes de lesa humanidade, xenocidio e desaparición forzada cometidos durante a guerra civil e a ditadura de Francisco Franco. Rivas conseguiu que o seu pai, Severino Rivas Barja, fose o primeiro fusilado exhumado en Galicia.[1][2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Severino Rivas Barja, logo da morte da súa nai, o pai enviouno a estudar a Arxentina en 1929, con oito anos, onde xa estaban outras das súas irmás.[3] Con dezaseis anos, recibiu a noticia de que o seu pai, alcalde republicano de Castro de Rei, fora fusilado "por traición a la patria" o 29 de outubro de 1936. Severino tiña 58 anos e nove fillos cando foi asasinado por un grupo de falanxistas, tres meses despois de asumir o seu cargo.[4]

Ao coñecer a noticia, Rivas quixo conseguir xustiza para o seu pai e iniciou o proceso para encontrar onde estaba soterrado. Pasados setenta anos logrou recuperar o seu corpo e, en 2005, converteuse no primeiro fusilado exhumado en Galicia.[2] Despois de recuperar os seus restos, colocou unha placa coa inscrición: “Papá, descansa en paz. Te lo pide tu niño mimado”. Logo da exhumación, volveu a Arxentina pero decidiu axudar a outras persoas para que se exhumaran os restos dos seus familiares das fosas comúns e as cunetas.[1]

O 14 de abril de 2010, Rivas, que tiña noventa anos, presentou no Juzgado Nacional en lo Criminal y Correccional Federal nº 1 de Buenos Aires unha denuncia particular para que comenzase unha investigación sobre os crimes do franquismo con base no principio de xustiza universal recoñecida pola Constitución da Nación Arxentina. A decisión de levalo ante unha institución arxentina foi motivada pola Lei de Amnistía de 1977, pola que a xustiza española impide xulgar os crimes de lesa humanidade, xenocidio e desaparición forzada cometidos durante a guerra civil e a ditadura de Francisco Franco.[3] Rivas converteuse así na primeira persoa en formar parte da querela arxentina contra os crimes do franquismo, que denuncia o Estado español como responsable dos delitos cometidos entre o día 17 de xullo de 1936 e o 15 de xuño de 1977, data das primeiras eleccións despois da morte do ditador Francisco Franco.[5]

Estando de visita en Santiago de Compostela, Rivas entregoulle á chanceler Angela Merkel unha carta na que lle pedía “reparación polos crimes do exército alemán que axudou a Franco a instaurar a súa ditadura”.[6] En 2014, a proposta da Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica (ARMH), a Deputación de Lugo entregou a Rivas unha placa de honra en agradecemento “pola súa defensa dos dereitos humanos e a súa loita en defensa dos represaliados e familiares das vítimas da represión franquista”.[1][7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 "Adeus a Darío Rivas, o galego que impulsou a querela arxentina contra o franquismo". www.praza.gal. Consultado o 16 de abril de 2019. 
  2. 2,0 2,1 Efe (16 de abril de 2019). "Muere Darío Rivas, impulsor de la querella argentina contra el franquismo". elperiodico. Consultado o 16 de abril de 2019. 
  3. 3,0 3,1 Campos (Luzes), Débora. "Darío Rivas, el hombre que se vengó del franquismo". ctxt.es | Contexto y Acción (en castelán). Consultado o 16 de abril de 2019. 
  4. Junquera, Natalia (16 de abril de 2019). "Muere Darío Rivas, impulsor de la querella argentina contra el franquismo". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 16 de abril de 2019. 
  5. "Muere Darío Rivas, impulsor de la querella contra los crímenes del franquismo". www.elsaltodiario.com (en local). Consultado o 16 de abril de 2019. 
  6. "Adiós a Darío Rivas, el gallego que impulsó la querella argentina contra el franquismo". eldiario.es (en castelán). Consultado o 16 de abril de 2019. 
  7. La Voz de Galicia, Lugo, 21-4-2019, p. 12.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]