Daphne Caruana Galizia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Daphne Caruana Galizia
Great Siege Monument and temporal Daphne Caruana Galizia Monument 03 (cropped).jpg
Nome completoDaphne Anne Vella
Nacemento26 de agosto de 1964
Lugar de nacementoSliema
Falecemento16 de outubro de 2017
Lugar de falecementoBidnija
CausaCoche bomba
SoterradaAddolorata Cemetery
NacionalidadeMalta
Alma máterUniversidade de Malta e St Aloysius' College
Ocupacióninvestigative journalist, blogueira, activista, cronista e xornalista
Coñecida porPapeis de Panamá
PremiosConscience-in-Media Award
Na rede
https://daphnecaruanagalizia.com
Twitter: dcgblog Pinterest: dcgalizia Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Daphne Caruana Galizia, nada en Sliema o 26 de agosto de 1964 e finada en Bidnija16 de outubro de 2017, foi unha xornalista, columnista e blogueira maltesa. Foi clave na investigación sobre os Papeis de Panamá en Malta que salpicaban o goberno de Joseph Muscat.

Biografía[editar | editar a fonte]

Empezou a traballar nos medios de comunicación en 1988, e rapidamente estabeleceuse como unha das xornalistas máis controvertidas de Malta coa súa columna na edición dominical de The Times of Malta, o Sunday Times.

En 1996, Daphne Galizia retirouse do Times despois de que o diario se negase a publicar un artigo que escribira sobre o presidente emérito Guido de Marco e a súa filla, a avogada Gianella Demarco. Este artigo apareceu entón en The Malta Independent. Inmediatamente, Daphne Galizia foi coñecida pola súa dureza en cuestións políticas e sociais.

Os seus escritos oscilaban entre os rumores sobre as figuras públicas de Malta e a análise crítica da realidade sociopolítica maltesa. En febreiro de 2010, Galizia enfrontouse a cargos de difamación por unha serie de acusacións que fixera contra a maxistrada Consuelo Scerri Herrera no seu blog.[1]

Xunto con Andrew Borg-Cardona, é unha das escritoras que criticaron con máis dureza a extrema dereita de Malta, especialmente a asociada cos puntos de vista de Norman Lowell sobre os inmigrantes irregulares.[2]

A perspectiva feminista de Daphne Galizia foi considerada polémica, instando as mulleres a que non se victimizasen a si mesmas. Cando unha traballadora maltesa gañou o primeiro caso de abuso verbal e acoso sexual laboral e a vitoria foi vista como un éxito para as mulleres de Malta, Daphne dixo que nestes casos a muller tiña que reaccionar e non comportarse así, como unha nena, xa que iso era infantil».[3][4]

O 8 de marzo de 2013, Galizia foi detida durante a noite por quebrantar a xornada de reflexión das eleccións xerais de Malta, despois de escribir artigos considerados de natureza política no seu blog.[5][6]

En 2017 foi incluída na clasificación das «28 personalidades que fan moverse a Europa» do xornal Politico Europa, pola súa colaboración na investigación que involucraba membros do goberno maltés en casos de corrupción destapados polos Papeis de Panamá.[7]

O 16 de outubro dese ano foi asasinada mediante a explosión do seu automóbil cunha bomba lapa.[8]

Premio Daphne Caruana[editar | editar a fonte]

En xaneiro de 2018 a esquerda da eurocámara creou o premio Daphne Caruana para defender a liberdade de información. A primeira edición entrégase o 3 de abril coincidindo co aniversario da filtración dos Papeis de Panamá e conta cunha dotación de 5000 euros. O premio foi promovido polo eurodiputado de Podemos Miguel Urbán e o grego Stelios Kouloglou.[9]

Vida privada[editar | editar a fonte]

Daphne Caruana Galizia estaba casada e tiña tres fillos. Estudou arqueoloxía na Universidade de Malta. Describíase como afeccionada á xardinaría e sobre todo á lectura.

Libro[editar | editar a fonte]

Un libro sobre Daphne Caruana Galizia, chamado Invicta: The Life and Work of Daphne Caruana Galizia, foi publicado por The Pertinent Press de Oxford.[10]

Notas[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]