Daniela Bianchi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Daniela Bianchi
Nacemento31 de xaneiro de 1942
LugarRoma
NacionalidadeItalia
Profesiónactriz, modelo, concursante en certames de beleza e actriz de cinema
Na rede
IMDB: nm0000938 Allocine: 72873 Allmovie: p6063 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Daniela Bianchi entre Richard Chamberlain e Raymond Massey en 1964.

Daniela Bianchi, nada en Roma o 31 de xaneiro do 1942, é unha actriz italiana. Foi segunda no concurso de Miss Universo en 1960, acadando sona pola súa beleza e mais pola súa actuación nun dos filmes da saga de James Bond no 1963.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu durante a segunda guerra mundial. Fixo un par de filmes na súa terra natal antes de ser escollida Miss fotoxénica pola prensa do seu país no 1959. Presentouse ao concurso Miss Universo no 1960 e chegou á final.

Os produtores da serie Bond, procuraban á intérprete de Tatiana Romanova no filme Desde Rusia con amor (1962), e chamaron a un casting a Bianchi, quen resultou escollida pola súa beleza e encanto, precisos para interpretar o personaxe clave do filme. O único detalle foi a súa voz, que non concordaba coa imaxe da axente rusa que interpretaba, polo que tivo que ser dobrada. A actuación de Bianchi resultou convincente e o filme tivo grande éxito.

Despois do filme Bianchi fixo algúns filmes máis ben discretos, até 1968, no que se adicou a outra actividade. Só no 1990 apareceu nunha parodia de James Bond, xunto ao irmán de Sean, Neil Connery en Operación 000.