Daniel Zueras

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Daniel Zueras
DanielZuerasAriño1.jpg
Concierto en Ariño, agosto 2007
Nacemento13 de novembro de 1980
OrixeZaragoza
Ocupacióncantante
Xéneropop, dance
Selo(s) discográfico(s)Universal Music- Vale Music
Na rede
DanielZuerasFanClub.com
editar datos en Wikidata ]

Daniel Zueras Herreros, nado en Zaragoza o 13 de novembro de 1980, é un cantante aragonés de pop e dance. A súa música é unha mestura Pop/Dance e R&B, con influencias da electrónica dos anos 80. Foi concursante do concurso musical de Telecinco Operación Triunfo 2006, quedando en segundo posto, por detrás de Lorena.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Desde moi pequeno quixo dedicarse ó mundo da música. Fillo dun axente comercial e dunha cociñeira, estudou solfeo e piano. Gústalle correr pero, sobre todo, cantar. Antes de ingresar en Operación Triunfo traballaba como camareiro os fins de semana nun cine da capital aragonesa, pero sempre quixo dedicarse á música, sendo o seu ídolo Mariah Carey. No 2006 chegou a súa oportunidade.

Operación Triunfo[editar | editar a fonte]

En 2006, Daniel presentouse aos cástings de Barcelona, nos que pasou tódalas probas ata que lle deron a feliz noticia de que era un dos 20 finalistas que actuarían na Gala 0 de Operación Triunfo con Jesús Vázquez.

Dende o inicio do concurso Daniel caracterizouse na Academia pola súa doce voz, coa que interpretou temas Pop e baladas, coma "Otra vez" (de Coti con Paulina Rubio), "Unchained Melody", de Righteous Brothers, "Last Christmas" de George Michael, "Blue Velvet", de Bobby Vinton, ou "Me & Mrs. Jones", de Billy Paul. Daniel conseguiu o segundo posto, por diante de Leo e a poucos votos de Lorena, gañadora do concurso.

Siempre sale el sol[editar | editar a fonte]

Despois de pasar varios meses traballando entre Roma e Madrid, o seu álbum debut, compaxinándoo cos concertos de Operación Triunfo, o 23 de abril de 2007 saíu ó mercado, Siempre sale el sol un disco con temas pop, dance e R&B.

Unha semana antes publicárase o primeiro single do disco (16 de abril), que se titula "No quiero enamorarme". Dende esa data o videoclip tivo moita repercusión entre o público, debido a que nese vídeo saen escenas con contidodo sexual (un trío entre Daniel, unha moza e un mozo). O vídeo, segundo Daniel, pretendía romper coa imaxe de mozo inocente que se lle deu na Academia. En Youtube, o videoclip tivo máis de 628.080 visualizacións en 7 meses.

Durante os primeiros 5 meses no mercado, Daniel vendeu 25.000 copias do seu disco Siempre sale el sol, que chegou a ocupar o posto #31 das listas de vendas españolas.

Zuelas recibiu un premio como Artista Revelación do 2007, outorgado polo Grupo Vocento, pola súa trayectoria musical.

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbums[editar | editar a fonte]

Sinxelos[editar | editar a fonte]

  • "No Quiero Enamorarme" (2007)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]