Daniel W. Bursch
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 25 de xullo de 1957 Bristol |
| Educación | Academia Naval dos Estados Unidos Escola de Pilotos de Test Naval dos Estados Unidos Naval Postgraduate School (pt) Vestal High School (en) |
| Actividade | |
| Ocupación | oficial, aviador, astronauta, piloto de probas |
| Empregador | NASA, astronauta Naval Postgraduate School (pt) |
| Carreira militar | |
| Rama militar | Armada dos Estados Unidos de América |
| Rango militar | capitán de navío Capitão de Primeira Classe (pt) |
| Tempo no espazo | 226 días, 22 horas e 16 minutos |
| Premios | |
Daniel Wheeler Burschnado en Bristol, Pensilvania o 27 de xullo de 1957, é un astronauta estadounidense que participou nas misións STS-51, STS-68, STS-77, STS-108 e STS-111. Pasou un total de 226,93 días no espazo.[1][2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]É graduado en física pola Academia Naval dos Estados Unidos en 1979, e graduado en enxeñería pola Escola Naval de Posgraduados en 1991. Está casado con Roni J. Patterson e ten tres nenos.[1][2]
Foi seleccionado como candidato pola NASA en xaneiro de 1990 e pasou a ser astronauta oficialmente en xullo de 1991. Formou parte da tripulación das misións STS-51, STS-68, STS-77, STS-108 e STS-111.[1][2]
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 3 NASA, ed. (2018). "DANIEL W. BURSCH (CAPTAIN, USN, RET.)NASA ASTRONAUT (FORMER)" (PDF) (en inglés). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 22 de decembro de 2016. Consultado o 24 de agosto de 2018.
- 1 2 3 Mark Wade (2018). "Bursch, Daniel Wheeler" (en inglés). Consultado o 24 de agosto de 2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Daniel W. Bursch |