Saltar ao contido

STS-68

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
STS-68
Lanzamento da misión STS-68.
TipoTripulado
OrganizaciónNASA
Data de lanzamento30 de setembro de 1994, 11:16 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorTransbordador espacial[3][5]
Sitio de lanzamentoCentro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, rampla 39A[3][6]
Duración da misión11,24 días[6]
Obxectivo da misiónCartografía mediante radar.[3][6]
Regreso11 de outubro de 1994[6]
Sitio de regresoBase Edwards da Forza Aérea
NSSDC ID1994-062A

STS-68 foi unha misión do transbordador espacial Endeavour lanzada o 30 de setembro de 1994 desde a rampla 39A do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.[2][3][5][6]

Características

[editar | editar a fonte]

STS-68, con seis astronautas a bordo, foi lanzada para facer observacións mediante radar da superficie terrestre co laboratorio SRL-2 a bordo. Tamén fixo medicións dos niveis de dióxido de carbono na troposfera e se realizaron outros experimentos a bordo. A tripulación estaba formada polo comandante Michael A. Baker, o piloto Terrence W. Wilcutt, o comandante de carga Thomas D. Jones e os especialistas de misión Steven L. Smith, Daniel W. Bursch e Peter J. K. Wisoff.[3][5][6][7]

O SRL-2 estaba deseñado para obter datos xeolóxicos, hidrolóxicos e agronómicos e serviu para gañar experiencia de cara futuros radares espaciais. Tamén recolleu datos sobre a distribución global de dióxido de carbono na troposfera. Entre os instrumentos de SRL-2 estaban SIR-C (un radar en banda C e banda L), X-SAR (un radar en banda X), MAPS para o estudo da contaminación atmosférica e un procesador espectral de ondas oceánicas para recoller datos sobre a lonxitude de onda das ondas superficiais dos océanos, dirección e altura.[3][5][6][7]

O transbordador regresou a terra na Base Edwards da Forza Aérea o 11 de outubro de 1994.[3][5][6][7]

  1. N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "STS 68" (en inglés). Consultado o 4 de febreiro de 2018.
  2. 1 2 "Note verbale dated 29 November 1994 from the Permanent Representative of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (94-28819T). 15 de decembro de 1994: 8. Consultado o 4 de febreiro de 2018.
  3. 1 2 3 4 5 6 7 8 NASA (21 de marzo de 2017). "STS 68/SRL 2" (en inglés). Consultado o 4 de febreiro de 2018.
  4. Claude Lafleur (2010). "STS-68 - SRL-2" (en inglés). Consultado o 4 de febreiro de 2018.
  5. 1 2 3 4 5 Gunter Dirk Krebs (2016). Gunter's Space Page, ed. "Shuttle" (en inglés). Consultado o 4 de febreiro de 2018.
  6. 1 2 3 4 5 6 7 8 Mark Wade (2011). "STS-68" (en inglés). Consultado o 4 de febreiro de 2018.
  7. 1 2 3 NASA (23 de novembro de 2007). "STS-68" (en inglés). Consultado o 10 de decembro de 2021.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]