Saltar ao contido

Daisy

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Daisy (Daisy Duck no orixinal en inglés, coa tradución de Pata Margarida), é unha das personaxes de banda deseñada e debuxos animados da Disney. Foi creada como a namorada do Pato Donald, e apareceu por primeira vez na historieta Mr. Duck Steps Out en 1940.

Daisy fala en galego no filme de 1988: Quen enganou a Roger Rabbit?.

Daisy ten o temperamento de Donald, mais ten un gran control sobre este, e tende a ser máis sofisticada que o seu namorado. Ela xeralmente non usa pantalóns nin vestido. Amósase xeralmente a súa grande afinidade con Donald.

Daisy substitúe (ou, segundo algunhas fontes, representa unha forma posterior de) un interese amoroso antigo chamada Donna Duck, que apareceu por vez primeira nos debuxos animados Don Donald en 1937. Nunha tira de 1951, Donna volveu, por continuidade retroactiva como unha parrula mexicana, que funcionaba coma rival de Daisy para facer as beiras de Donald.

Daisy é a tía das trixéminas April, May e June (coñecidas en Galicia cos nomes casteláns: Abril, Mayo e Junio[Cómpre referencia]), que serven como contraparte de Huey, Dewey, e Louie (coñecidos en Galicia cos nomes casteláns: Juanito, Jorgito e Jaimito), os sobriños de Donald.

Nalgunhas aparicións, Daisy preséntase coma amiga íntima de Minnie Mouse.

Ademais dos debuxos animados, Daisy é unha personaxe habitual na banda deseñada nos cómics do Pato Donald. Tivo incluso as súas propias historietas.

Tódalas curtametraxes

[editar | editar a fonte]

Tódolos filmes

[editar | editar a fonte]

Series infantís

[editar | editar a fonte]

Actrices de dobraxe

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]