Dafydd ab Edmwnd

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Dafydd ab Edmwnd
Nacementoséculo XIVxuliano
 Hanmer
Falecemento1497
NacionalidadeGales
Ocupaciónpoeta
editar datos en Wikidata ]

Dafydd ap Edmwnd, finado en 1497, foi un dos poetas galeses máis prominentes de finais de Idade Media. A súa produción poética data de circa 1450.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Dafydd naceu nunha familia con devanceiros normandos en Hanmer, en Flintshire (agora Wrexham County Borough), ao nordeste de Gales. Como era un home libre e terratenente non dependía dun mecenado, como a maioría dos seus contemporáneos

Como bardo Dafydd foi discípulo de Maredudd ap Rhys e á súa vez foi titor de Tudur Aled e Gutun Owain.

Obra[editar | editar a fonte]

Os temas principais da poesía de Dafydd foron o amor e a natureza, na tradición de Dafydd ap Gwilym. Os seus poemas máis coñecidos inclúen os seguintes cywyddau:

A diferenza de moitos dos seus contemporáneos Dafydd evitou a Guerra das dúas rosas e a política. Porén, Dafydd veuse levado a compoñer un marwnad (elexía) polo seu amigo, o arpista Siôn Eos, que morreu na forca por matar un home nunha pelexa nunha taberna. Nesta obra, posibelmente o seu poema máis logrado, Dafydd expresa o seu propio sentimento antiinglés, e láiase de que a Siôn Eos non o xulgasen coas máis humanas leis de Hywel Dda, de modo que tivese que pagar unha compensación á familia da vítima segundo o antigo dereito galés, no canto da pena capital da “cyfraith Lundain” (="lei de Londres").

A Eisteddfod de 1450 e o seu legado[editar | editar a fonte]

En 1450 Dafydd gañou a cadeira de prata nunha eisteddfod celebrada en Carmarthen. Acadouna cun cywydd na honra da Trindade, que exemplificaba os vinte e catro metros da poesía bárdica galesa reformada por Dafydd, previamente codificada por Einion Offeiriad e Dafydd Ddu o Hiraddug. Suprimiu dous metros e substituíunos cos máis complicados Gorchest y Beirdd e o Cadwynfyr.

Os vinte e catro metros que Dafydd presentou á Eisteddfod adoptáronse amplamente por todo Gales. Mentres que o adestramento de poetas sempre se fixera no interior do círculo bárdico, nos que a arte se transmitía de titor a pupilo, as reformas métricas de Dafydd incrementaron a segregación entre a “elite profesional” e os poetas afeccionados. Con todo a consecuencia disto foi que se lle prestou máis atención á arte bárdica dun poeta mediante a súa adhesión á máis estrita métrica máis que ao contido ou tema dos poemas. Tendeu a perderse a intensidade de Dafydd ap Gwilym e Llywelyn Goch ap Meurig Hen.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Gwaith Dafydd ab Edmwnd (ed. by Thomas Roberts, Bangor, 1914).
  • “Welsh Literature - Chapter 7: Poets of the Gentry”, https://web.archive.org/web/20101213054753/http://britannia.com/wales/lit/lit7.html
  • Meic Stephens, The New Companion to the Literature of Wales (University of Wales Press, Cardiff 1998)
  • Gwyn Williams, The Burning Tree: Poems from the First Thousand Years of Welsh Verse (Faber and Faber, 1956). Inclúe unha tradución completa dos poemas ao inglés.