Bardos dos nobres

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Bardos dos nobres (en galés Beirdd yr Uchelwyr) é o nome que se emprega na literatura galesa para se referir ao grupo de bardos profesionais que cantaron para os nobres galeses por un espazo de tres séculos ao final da Idade Media e principios da Idade Moderna. Saen á luz despois de os bardos profesionais perderen o mecenado dos príncipes galeses despois da derrota de Llywelyn Ein Llyw Olaf en 1282 e a invasión inglesa. Os Beirdd y Tywysogion cantaban ao príncipe e á súa corte peroos cywyddwyr cantan á nova xeración de nobres que herdaron unha parte do poder administrativo dos príncipes a nivel local baixo o novo réxime. Como era o cywydd un vehículo tan característico da súa obra alúdese a eles ás veces como os Cywyddwyr, sucesores dos Gogynfeirdd, pero é erróneo, pois cantan con outros moitos esquemas métricos fóra do cywydd, ao manter algunhas das métricas favoritas dos Beirdd y Tywysogion. Consérvase a obra de preto de 150 destes bardos nos manuscritos que conservan unha parte substancial da súa obra sen publicar.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

As loanzas aos nobres e as súas familias representan o groso dos poemas dos Bardos dos Nobres, pero hai outro número meirande de poemas sobre temas diversos como o amor, a natureza, disputas poéticas, sátiras etcétera. Algúns dos bardos pertencían á mesma clase cós seus mecenas e estaban afeitos ao seu mundo, mentres outros eran de condición máis baixa e que se enfrontaban co clero para gañar a vida.

Un dos poetas máis famosos dos bardos dos nobres foi Dafydd ap Gwilym, unha das figuras máis senlleiras da poesía amorosa de toda Europa. No século XIV e o seguinte Iolo Goch cantou a Owain Glyndŵr, Siôn Cent criticou cruelmente o mundo, Gutun Owain, Dafydd Nanmor, un dos meirandes mestres da poesía de loanza, tamén destacan Lewys Glyn Cothi e Dafydd ab Edmwnd. Entre os grandes bardos do período dos Tudor están Tudur Aled, Gruffudd Hiraethog, Wiliam Llŷn e Wiliam Cynwal. A tradición poética decaeu a finais do século XVI, pero non desaparece totalmente o lume ata mediados do século XVII cando os poucos derradeiros bardos profesionais perderon o tradicional mecenado.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

A innovadora serie 'Cyfres Beirdd yr Uchelwyr', que publica o Canolfan Uwchefrydiau Cymreig a Cheltaidd (Centro de altos estudos galeses e celtas) en Aberystwyth, contén a obra dunha ducia destes bardos.

  • D. J. Bowen, Barddoniaeth yr Uchelwyr (Caerdydd, 1957) (en galés)
  • Saunders Lewis, Braslun o Hanes Llenyddiaeth Gymraeg (Caerdydd, 1931) (en galés)
  • Thomas Parry, Hanes Llenyddiaeth Gymraeg (Caerdydd, 1945) (en galés)
  • Gwyn Thomas, 'Beirdd yr Uchelwyr', en Y Traddodiad Barddol (Caerdydd, 1976) (en galés)