Saltar ao contido

Dactilozoide

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

En zooloxía, denomínanse dactilozoides, ou dactilozooides, aos zooides (pólipos) dos celentéreos hidrozoos coloniais, como, por exemplo, nas especies do xénero Millepora, que están encargados da defensa da colonia e da captura de presas.[1]

Estrutura e funcións

[editar | editar a fonte]

De corpo alongado, mesmo vermiforme, e desprovistos de boca, posúen numerosos tentáculos finos, como pelos, fortemente armados con nematocistos, células urticantes empregadas na caza de presas de plancto, que achegan aos gastrozoides, pólipos coloniais encargados da dixestión dos alimentos, ou para defenderen o seu espazo vital doutras especies. Os dactilozoides son, pois, defensivos e, ao tempo, son a principal ferramenta para captaren alimentos para a colonia; teñen entre 0,1 e 0,3 mm de diámetro, e permanecen en cavidades do cenósteo ou exoesqueleto da colonia, baixo a superficie do coral, e emerxen pola noite a través de poros, denominados dactilóporos.[2]

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

O nome dactilozoide está formado polos elementos do Vocabulario Científico Internacional dactil- e -zoide. O primeiro deriva do grego antigo δάκτυλος dáktylos, "dedo" (en alusión á súa forma alongada e delgada), e o segundo do grego antigo ζῷον zõon, "animal".[3]

  1. Garrido, Carlos (1997): Dicionário terminológico quadrilíngue de zoologia dos invertebrados. A Coruha: Associaçom Galega da Língua. ISBN 84-8730-512-1, p. 113.
  2. Hale, W. G.; J. P. Margham & V. A. Saunders (1999): Collins Dictionary of Biology. 2nd Edition. Nova York, NY, USA: Harpercollins Pub Ltd ISBN 978-0-0047-0805-8.
  3. dactylozooid no Merriam-Webster Dictionary.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]