Dactilóporo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

En zooloxía coñécese como dactilóporo a cada un dos varios poros de pequeno tamaño que presentan algúns cnidarios hidrozoos como, por exemplo, as especies do xénero Millepora, no exoesqueleto da colonia, ou cenósteo, e que aloxan un dactilozoide. Estes poros dispóñense en círculo ao redor de cada gastróporo.[1][2][3][4]

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

O nome dactilóporo está formado polos elementos do Vocabulario Científico Internacional dactil- e -poro. O primeiro deriva do grego antigo δάκτυλος dáktylos, "dedo" (en alusión á súa forma alongada e delgada), e o segundo do latín porus, "poro", tirado do grego antigo πόρος póros, "paso", "pasaxe"[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Garrido, Carlos (1997): Dicionário terminológico quadrilíngue de zoologia dos invertebrados. A Coruha: Associaçom Galega da Língua. ISBN 84-8730-512-1, p. 163.
  2. Veron, J .E. N. (2000): Corals of the World. Vol. 3. Townsville, Queensland, Australia: Australian Institute of Marine Sciences.
  3. dactylopore en wordnik.com (en inglés).
  4. Parker, Sybil P. (2002): McGraw-Hill Scientific and Thechnical Terms. McGraw-Hill Education, 6th Edition. ISBN 978-0-0704-2313-8.
  5. pore no Merriam-Webster Dictionary.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]