Gastrozoide

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

En zooloxía, denomínase gastrozoide, ou gastrozooide, a un zooide (individuo que forma parte dunha colonia e presenta unha estrutura variábel segundo a función que desempeña na colonia),[1] dunha colonia de cnidarios antozoos que presenta boca e tentáculos, e que se ocupa da dixestión dos alimentos.[2]

Os gastrozois aseméllanse a pólipos con tentáculos parcial ou completamente atrofiados. Cerca, ou na base, do gastrozoide encóntranse zooides adaptados para capturaren presas, os dactilozoides, con tentáculos punzantes, que transfiren a súa presa ao gastrozoide para a súa dixestión.[3]

O nome gastrozoide está fomado pola unión dos elementos gatro- e -zoide.[4] O primeiro elemento deriva do grego antigo γαστήρ -στρός gastḗr, -strós, "estómago",[5] e -zoide, do grego antigo ζῷον zõon, "animal", coa adición do sufixo -oide, tirado do grego antigo εἶδος, eĩdos, "aparencia", "aspecto".[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. zooide no Dicionario da RAG.
  2. Garrido, Carlos (1997): Dicionário terminológico quadrilíngue de zoologia dos invertebrados. A Coruha: Associaçom Galega da Língua. ISBN 84-8730-512-1, p. 163.
  3. gastrozooids en The Free Dictionary.
  4. gastrozooid no Merriam-Webster Dictionary.
  5. gastro- no Merriam-Webster Dictionary.
  6. zooid no Merriam-Webster Dictionary.