Daşoguz
Daşoguz é unha cidade en Turkmenistán, capital da provincia de Daşoguz ten unha poboación de 165.400 e está a 88 metros sobre o nivel do mar.
Os rusos fundaron o asentamento como un forte a principios do século XIX, a cidade actual ten o estilo arquitectónico soviético e actúa como centro administrativo local e de transportes. Da cidade parten as visitas a Konya-Urgench, declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO
![]() |
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |