Saltar ao contido

Día púrpura

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Día púrpura
 Nome orixinal
    Purple Day (en) Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Epónimo
Características
 Tema principal
Datas
 Fundación / creación
2008 Editar o valor en Wikidata
 Día periódico
Implicados
 Creador/a
Localización
 País
Códigos e identificadores
Freebase/m/05p781r Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Facebook: PurpleDayforEpilepsy Twitter: purpleday Instagram: purpledaymarch26 Youtube: UCqedROIu3NN4Qy2rwg1290A Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

O día púrpura ou Día Mundial da Concienciación sobre a Epilepsia,[1] é un día internacional de concienciación sobre a epilepsia que se celebra cada 26 de marzo dende o ano 2008.[2]

O obxectivo principal é achegar información veraz e loitar contra os mitos que rodean e epilepsia para desestigmatizar ás persoas que a teñen. Co gallo do día púpura organízanse actos e convídase á xente a vestir de púrpura para visibilizar simbolicamente o apoio á comunidade epiléptica.[3] Neste día participan ducias de países e mesmo habitantes da Antártida.[3]

A conmemoración foi concibida en 2008 por unha nena de Nova Escocia chamada Cassidy Megan, quen inmediatamente pediu a axuda da Asociación de Epilepsia de Nova Escocia para xestionala.[3] Tamén recibiu o apoio da Fundación Anita Kaufmann para executar a iniciativa.[1]

O nome provén da típica asociación do púrpura coa doenza. Este vínculo xorde da conexión que se fai nalgunhas culturas da flor de lavanda coa soidade, un sentimento común para os individuos epilépticos.[3]

Durante o día de 2017, a Fundación Anita Kaufmann bateu o récord Guinness coa maior sesión de adestramento sobre epilepsia da historia.[4]

O Congreso Nacional do Brasil iluminado coa cor púrpura polo día internacional.
  1. 1 2 El Vallenc, ed. (26 de marzo de 2023). "Recomanacions de primers auxilis davant d’un atac epilèptic" (en catalán). Consultado o 16 de maio de 2023.
  2. "26 de març, Dia Porpra: una jornada de consciència sobre l'epilèpsia". CatalunyaPress.cat (en catalán). Consultado o 2025-01-07.
  3. 1 2 3 4 Mar de Somnis, ed. (2014). "26 de març, dia mundial de l’epilèpsia" (en catalán). Consultado o 16 de maio de 2023.
  4. Guinness World Records (ed.). "Largest epilepsy training session" (en inglés). Consultado o 2017-06-02.