Década de -680
Aparencia
Primeiro milenio a. C. | |||||
Século -VII | |||||
| |||||
|
689 a.C.
- Artigo principal: -689.
- Revolta de Babilonia contra os asirios. O rei Senaquerib reprimiuna chegando a case destruír a cidade.
688 a.C.
- Artigo principal: -688.
687 a.C.
- Artigo principal: -687.
- Fundación do reino de Lidia por Xixes, que funda a dinastía dos Mermnadas e reina ata -644. Vence a Candaules, derradeiro rei heráclida e rexeita os cimerios e os asirios, despois apodérase de Colofón en Xonia. Lidia estende a súa supremacía sobre toda Anatolia (-687/-546).
- Os megarenses fundan a cidade de Calcedonia na beira asiática do Bósforo.
- Reino de Humban-haltash I, rei de Elam (fin en -680).
686 a.C.
- Artigo principal: -686.
- 22 de abril - En Babilonia rexístrase unha eclipse parcial de Lúa, no terceiro ano de reinado de Senaquerib como rei de Babilonia.
685 a.C.
- Artigo principal: -685.
- Abdimikutte accede ao trono de Sidón, Fenicia (até -677).
- O xeneral asirio Holofernes pon asedio á cidade xudía de Betulia. Segundo a Biblia, embebedado pola fermosa hebrea Xudite, perde a vida ao cortarlle esta a cabeza.
684 a.C.
- Artigo principal: -684.
- Shishunaga establece o Reino de Magadha. Shishunaga morre en -644.
- Fin da Dinastía Pradyota que se iniciara en -799.
683 a.C.
- Artigo principal: -683.
- Caída da monarquía en Atenas á morte de Codro. Abolición da realeza por parte dos eupátridas. Aristocracia. Primeiras maxistraturas anuais : comezo da lista dos arcontes.
682 a.C.
- Artigo principal: -682.
- Xudea réndese aos asirios.
- En Atenas a duración do mandatos dos arcontes reduciuse a un ano.
- Comeza o reinado de Ardis II de Lidia.
681 a.C.
- Artigo principal: -681.
- Ábrese unha loita en Asiria entre os herdeiros do rei Senaquerib, logo de intrigar eles mesmos para eliminalo.
680 a.C.
- Artigo principal: -680.
Oriente Próximo
- Sobe ao trono de Asiria, logo de vencer os seus irmáns, o fillo máis novo de Senaquerib, Asarhadón, que gobernará o país até -669.
- Inicio do reinado de Rusa II en Urartu (até -675), como sucesor de Argisti II (rei desde -713).
Europa
- Esparta: iníciase o goberno de Fidón de Argos (até -650).
Arte e cultura
- Introdución das carreiras de cuadrígas nas Olimpíadas da Hélade.
Ciencia e tecnoloxía