Cipriniformes
Cypriniformes | |||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Beaufortia kweichowensis | |||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||
| |||||||||||
Familias | |||||||||||
Balitoridae |
Os Cipriniformes (Cypriniformes) son unha orde de peixes teleósteos, dentro da superorde Ostariofisos (Ostariophysi). Comprenden máis de 6.000 especies amplamente distribuídas aínda que ausentes en Australia e en Suramérica, case exclusivamente en augas doces, algunhas delas de grande importancia económica tanto pola pesca como pola súa cría industrializada.
Características
[editar | editar a fonte]Caracterízanse por ter unha aleta dorsal simple, pero nalgunhas familias existe unha segunda aleta adiposa. Algunhas especies teñen dentes farínxeos.
Clasificación
[editar | editar a fonte]Ata hai pouco, os Cipriniformes eran considerados como un grupo parafilético pero actualmente constitúen unha orde propia. Divídense en dúas subordes con 6 familias:
- Suborde Cobitoidea:
- Familia Balitoridae
- Familia Catostomidae
- Familia Cobitidae
- Familia Gyrinocheilidae
- Suborde Cyprinoidea:
- Familia Cyprinidae
- Familia Psilorhynchidae
Os Cipriniformes son a orde máis primitiva dos Ostariofisos, segundo se desprende das evidencias fisiolóxicas e do feito de teren unha distribución mundial, o que indica que dispuxeron de máis tempo para se dispersaren. Os primeiros Cipriniformes deberon diverxer dos Caraciformes hai aproximadamente 250 millóns de anos. É probable que se orixinaran no sueste de Asia pola enorme diversidade que alí presentan.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Cipriniformes |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Cipriniformes |