Como corresponde á superorde, caracterízanse pola presenza do aparato de Weber. Así mesmo, posúen unha pequena adiposidade carnosa entre a aleta dorsal e a cola. A pel está cuberta de escamas ben definidas (algunha especie carece de escamas). Dentes, normalmente, ben desenvolvidos (a maioría son carnívoros).
Aletas pelvianas con 5-12 radios; aleta anal curta a moderadamente longa.
Son especies de auga doce, presentes en lagos tropicais e ríos de Suramérica, Centroamérica e África central. Moitas especies son moi pequenas e de cores vistosas, polo que resultan apreciados para a cría en acuarios.
Nun principio constituían unha única familia, os Characidae, dentro da orde dos Cipriniformes, pero actualmente admítense 18 familias (FishBase), a maiores doutras xa extinguidas: