Cutthroat Island

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cutthroat Island
Ficha técnica
Título orixinal Cutthroat Island
Director Renny Harlin
Produtor Renny Harlin
Laurence Mark
Joel B. Michaels
James Gorman
Guión Robert King
Marc Norman
Baseado en Historia de Michael Frost Beckner, James Gorman, Bruce A. Evans, and Raymond Gideon
Intérpretes Geena Davis
Matthew Modine
Frank Langella
Maury Chaykin
Patrick Malahide
Stan Shaw
Harris Yulin
Música John Debney
Fotografía Peter Levy
Montaxe Derek Brechin
Florent Retz
Frank J. Urioste
Ralph E. Winters
Estudio Carolco Pictures[1]
The Forge
Laurence Mark Productions
Beckner/Gorman Productions
Distribuidora Metro-Goldwyn-Mayer
(USA)
StudioCanal
(Internacional)
Ano Flag of the United States.svg 22 de decembro de 1995
Francia 14 de febreiro de 1996
Alemaña 25 de abril de 1996
Duración 124 minutos[2]
País Estados Unidos de América Estados Unidos
Flag of France.svg Francia
Italia Italia
Alemaña Alemaña
Xénero Pirata, Aventuras
Orzamento $98 000 000[3]
Recadación $10 017 322[3]

Cutthroat Island é un filme de acción e aventuras dirixido por Renny Harlin que foi estreado en 1995. Foi escrito por Robert King e Marc Norman e está baseado na historia orixinal de Michael Frost Beckner, James Gorman, Bruce A. Evans e Raymond Gideon. Está protagonizado por Geena Davis, Matthew Modine e Frank Langella.[4] É unha co-produción internacional de diferentes compañías dos Estados Unidos, Francia, Alemaña e Italia.

O filme tivo unha escabrosa e caótica produción, con numerosas versións do guión e novos castings, e ademais recibiu críticas dispares. Porén, foron louvadas as secuencias de acción, as localizacións de rodaxe e maila banda sonora. É coñecido por ser o filme menos rentable da historia, e por levar á bancarrota ós estudos Carolco Pictures, antes da súa reapertura no 2015.[5]

Argumento[editar | editar a fonte]

Unha muller pirata coñecida como Morgan Adams (Geena Davis) e o seu escravo William Shaw (Matthew Modine), andan na procura das tres partes nas que se divide un mapa do tesouro. O tesouro atópase na misteriosa Illa Asasina. Pero por desgraza, a derradeira parte do mapa perténcelle ó seu malvado tío, Douglas Adams ('Dawg Brown'), quen asasinou ó pai de Morgan, Henry "Black Harry" Adams (Harris Yulin). Por outra banda, a compañía británica de Xamaica alíase con Douglas Adams para tentar acabar coa piratería no mar Caribe, pero realmente están sendo enganados por este.

Personaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Brennan, Judy (20 de agosto de 1995). The Los Angeles Times, ed. "High Risk for This Pirate Cargo". Consultado o 27 de novembro de 2010. 
  2. British Board of Film Classification, ed. (13 de marzo de 1996). "CUTTHROAT ISLAND (PG) (CUT)". Consultado o 10 de marzo de 2013. 
  3. 3,0 3,1 Box Office Mojo (ed.). "Cutthroat Island". Consultado o 18 de agosto de 2011. 
  4. Brennan, Judy (21 de decembro de 2005). The Los Angeles Times, ed. "Troubled Route to Pirate Epic 'Cutthroat'; Movies: As the swashbuckling adventure starring Geena Davis, directed by her husband, Renny Harlin, opens this weekend, financial woes surround its release.". Consultado o 24 de maio de 2011. 
  5. [1]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]