A illa das cabezas cortadas
| A illa das cabezas cortadas | |||||||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||
| Wikidata | |||||||||||||||||||||||||||
A illa das cabezas cortadas (en inglés: Cutthroat Island) é un filme de acción e aventuras dirixido por Renny Harlin que se estreou en 1995. Foi escrito por Robert King e Marc Norman e baséase na historia orixinal de Michael Frost Beckner, James Gorman, Bruce A. Evans e Raymond Gideon. Está protagonizado por Geena Davis, Matthew Modine e Frank Langella.[1] É unha coprodución internacional de diferentes compañías dos Estados Unidos, Francia, Alemaña e Italia.
O filme tivo unha escabrosa e caótica produción, con numerosas versións do guión e novos castings, e ademais recibiu críticas dispares. Porén, foron louvadas as secuencias de acción, as localizacións de rodaxe e maila banda sonora. É coñecido por ser o filme menos rendible da historia, e por levar á bancarrota ós estudos Carolco Pictures, antes da súa reapertura no 2015.[2]
Sinopse
[editar | editar a fonte]Unha muller pirata coñecida como Morgan Adams (Geena Davis) e o seu escravo William Shaw (Matthew Modine), andan na procura das tres partes nas que se divide un mapa do tesouro. O tesouro atópase na misteriosa Illa Asasina. Pero por desgraza, a derradeira parte do mapa perténcelle ó seu malvado tío, Douglas Adams ('Dawg Brown'), quen asasinou o pai de Morgan, Henry "Black Harry" Adams (Harris Yulin). Por outra banda, a compañía británica de Xamaica alíase con Douglas Adams para tentar acabar coa piratería no mar Caribe, pero realmente están sendo enganados por este.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Geena Davis como Morgan Adams
- Matthew Modine como William Shaw
- Frank Langella como Dawg
- Maury Chaykin como John Reed
- Patrick Malahide como Ainslee
- Stan Shaw como Glasspoole
- Rex Linn como Mr. Blair
- Harris Yulin como "Black" Harry Adams
- Angus Wright como Capitán Trotter
- Ken Bones como Toussant
- Christopher Masterson como Bowen
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Brennan, Judy (21 de decembro de 2005). The Los Angeles Times, ed. "Troubled Route to Pirate Epic 'Cutthroat'; Movies: As the swashbuckling adventure starring Geena Davis, directed by her husband, Renny Harlin, opens this weekend, financial woes surround its release.". Consultado o 24 de maio de 2011.
- ↑
- ↑ TVG (ed.). "A illa das cabezas cortadas na TVG". Consultado o 25 de abril de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha na IMDb (en inglés)
- Ficha en TCM (en inglés)
- Ficha en AllMovie (en inglés)
- Ficha en BoxOfficeMojo (en inglés)
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)
- Filmes de 1995
- Filmes en lingua inglesa
- Filmes dos Estados Unidos de América
- Filmes dirixidos por Renny Harlin
- Filmes de Italia
- Filmes de Alemaña
- Filmes de Francia
- Filmes de Metro-Goldwyn-Mayer
- Filmes de Pinewood Studios
- Filmes de Carolco Pictures
- Filmes rodados en Tailandia
- Filmes rodados en Malta
- Filmes ambientados no Caribe
- Filmes ambientados en Xamaica
- Filmes de piratas
- Filmes de capa e espada
- Filmes de 1995 con versión en galego