Custas procesuais

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca

As custas procesuais en Dereito procesual, son aqueles gastos que poden ser repercutidas á parte vencida en xuízo, cando a sentenza (ou auto) xudicial contén pronunciamento ao respecto.

Dentro das mesmas inclúense os gastos inherentes ao proceso: notificacións, taxas, os gastos de asistencia letrada (custo do avogado) e representación (procurador), así como os dos peritos que tiveran actuado e demais custos do proceso.

Nalgúns ordenamentos, os honorarios dos avogados e demais persoas que interviñeron no xuízo (por exemplo, procuradores e peritos), denomínanse custas persoais, en oposición aos gastos causados na tramitación do proceso, chamadas custas procesuais. Aínda que ambos os conceptos englóbanse baixo o termo xeral de custas.

Condena en custas[editar | editar a fonte]

Nos escritos de demanda e nas contestacións á demanda, é habitual que se solicite ao xuíz que se condene á contraparte a pagar as custas do xuízo.

A condena en custas normalmente se impón:

  • ao litigante vencido
  • ao litigante que tivera actuado con mala fe procesual.

Nestes casos, se o demandante e o demandado non se poñen de acordo con respecto á contía das custas, ten lugar un procedemento de taxación de custas, que se desenvolve no mesmo xulgado ou tribunal que ditou a sentenza, e que remata por auto fixando a contía.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]