Cupido argiades
Aparencia
Cupido argiades | |||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||||||||
'Cupido argiades' Pallas, 1771 | |||||||||||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||||||||||
Everes argiades |
Cupido argiades (sin. Everes argiades) é un insecto lepidóptero ropalócero da familia Lycaenidae.[1][2]
Distribución
[editar | editar a fonte]A súa área de distribución abarca dende o centro e sur de Europa, a través de Asia até o Xapón.
Na Península Ibérica só se atopa ao norte.
Hábitat
[editar | editar a fonte]Vive en zonas arbustivas con flores, marxes herbosas e claros de bosque. A eiruga aliméntase de Loto corniculatus, Loto uliginosus, Coronilla varía, Medicago sativa, Medicago lupulina, Trifolium pratense, Astragalus glycyphyllos, etc.
Período de voo
[editar | editar a fonte]Voa en dúas xeracións ao ano, (Voltinismo): a primeira entre finais de abril e medios de xuño e a segunda entre xullo e agosto.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Tom Tolman e Richard Lewinton, ISBN 84-87334-36-9 1997
- ↑ [1] Cupido argiades - Asturnatura.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- UK Butterflies (inglés)
- European Lepidoptera (inglés)
- Asturnatura (castelán)