Ctenosaura similis
| Ctenosaura similis | |||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Exemplaers en Costa Rica. | |||||||||||||||||
| Estado de conservación | |||||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||||
| Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| Nome binomial | |||||||||||||||||
| Ctenosaura similis (Gray, 1831) | |||||||||||||||||
A iguana raiada (Ctenosaura similis) é un iguánido centroamericano e mexicano presente dende Panamá até o istmo de Tehuantepec en México. Foi introducida en Florida e nalgunhas illas do Caribe. Tamén se reporta en Colombia. É a especie máis grande do xénero Ctenosaura e foi recoñecida como o lagarto máis rápido da Terra, podendo alcanzar unha velocidade de 35 km/h.
O macho mide até 1,3 metros de lonxitude mentres que a femia pode alcanzar o metro. Os exemplares novos tenden a ser insectívoros e a medida que van medrando fanse máis herbívoros. Na idade adulta aliméntase de froitos, talos, follas, tamén flores e pon preto de 30 ovos que eclosionarán 90 días despois. Ó ser oportunista tamén se alimenta de peixes, ovos, aves, roedores e mesmo crías de tartarugas mariñas e prefire vivir en zonas rochosas e ariscas.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Pasachnik, S. e McCranie, J.R. "{{{taxon}}}". Lista Vermella de especies ameazadas. (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ctenosaura similis |
| Wikispecies posúe unha páxina sobre: Ctenosaura similis |
