Cráter de impacto
Un cráter é unha depresión provocada polo impacto dun meteorito ou asteroide coa superficie dun planeta ou dos seus satélites. Coa tecnoloxía nuclear aplicada á balística foi posible crear cráteres "artificiais" con diámetros parellos a algúns cráteres naturais.
Cráteres terrestres
[editar | editar a fonte]Na superficie do planeta Terra, formadas polos impactos de asteroides (orde crecente de acordo co seu diámetro):
- Teague (Australia)
- Sain Martin (Canadá)
- Slljan (Suecia)
- Puchezh-Katuni (Rusia)
- Acraman (Australia)
- Popigai (Rusia)
- Manicouagan (Canadá)
- Chicxulub (México)
- Sudbury (Canadá)
- Vredefort (Suráfrica)
Destacados cráteres do Sistema Solar
[editar | editar a fonte]Evidentemente, non só existen cráteres de impacto na Terra, de feito case tódolos corpos con codia rochosa do Sistema Solar teñen cráteres, e se o corpo en cuestión non posúe unha atmosfera que axude a desintegra-los meteoritos que se lle achegan, ou como mínimo a reduci-lo tamaño do meteorito antes de que se produza o impacto, a densidade de cráteres existentes nese corpo aumenta, así como o tamaño dos mesmos.
Podemos citar algúns cráteres moi famosos, sobre todo tendo en conta a relación do seu tamaño co diámetro do corpo que alberga o cráter en cuestión:
- Tycho, o enorme cráter no sur da nosa Lúa, que chama moito a atención polo sistema brillante de raios, que son en realidade depósitos do material espelido polo impacto.
- Aitken, tamén na Lúa, un gran cráter de 135 km situado na grande cunca Aitken do polo sur da Lúa.
- Herschel, o famosísimo e enorme cráter da lúa de Saturno, Mimas, que lle dá unha notable semellanza á Estrela da Morte que aparece no filme A guerra das galaxias.
- Odiseo, o inmenso cráter de case 450 km da lúa de Saturno, Tetis.
- Stickney, o enorme cráter (respecto do seu corpo proxenitor) da lúa de Marte, Fobos; de feito, se o meteorito que formou este cráter chega a ser un pouco máis grande tería esnaquizado o satélite.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Tethys : Sceria Montes". Consultado o 06-05-2010.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Cráter |