Crystal Wahpepah

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaCrystal Wahpepah

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Datos persoais
País de nacionalidadeKickapoo Tribe of Oklahoma (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
EducaciónLe Cordon Bleu (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónchef Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm11928061 Twitter: Chef_Wahpepah Editar o valor em Wikidata

Crystal Wahpepah é unha chef indíxena americana. Foi a primeira chef indíxena no programa de televisión de cociña Chopped.[1] Wahpepah dirixe un negocio de catering e un restaurante, que pretenden recuperar a cociña nativa americana.[2][3] Recibiu o Premio "Indigenous Artist Activist".[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Wahpepah naceu e criouse en Oakland, California.[1] É membro dos pobos kickapoo, sauk e fox de Oklahoma.[4] De nena cociñaba cos seus parentes máis vellos.[4]

Wahpepah asistiu á escola de cociña Le Cordon Bleu, onde estudou cociña francesa.[1]Máis tarde, viaxou polos Estados Unidos e aprendeu máis sobre a agricultura e a cociña nativas.[4] No momento da apertura do seu restaurante, Wahpepah's Kitchen, non había restaurantes de comida autóctona na Área da Baía de San Francisco.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Mindess, Anna. "Crystal Wahpepah is clearing a path for indigenous chefs." nosh. 2020-08-19
  2. "For the Love of Native Foods: Chef Crystal Wahpepah". www.culturalsurvival.org (en inglés). Consultado o 2022-05-01. 
  3. "Rare and highly anticipated Native American restaurant debuts in Oakland". The Mercury News (en inglés). 2021-11-26. Consultado o 2022-05-01. 
  4. 4,0 4,1 4,2 Kickapoo chef honors her heritage with oakland's first indigenous restaurant (2021). Washington, D.C.: NPR. Consultado o 2021-12-07.