Cruceiro do Barrio da Costa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 42°12′40.95″N 8°43′26.49″O / 42.2113750, -8.7240250

Detalles das partes do cruceiro.

O Cruceiro da Costa é un cruceiro que constitúe unha das manifestacións máis importantes da arte popular da parroquia de Castrelos, Vigo, vinculada á relixiosidade e ás crenzas do pobo. Está situado no lugar da Costa.

Detalle da base.

Descrición[editar | editar a fonte]

Érguense encol de tres chanzos cuadrangulares. A base serve de apoio á columna. Ten forma cúbica cos bordos achafranados. Nas súas caras aparece esta inscrición: HESTA OBRA HIZO FR.LOREN GABRIEL BIELA PR DE ESTAEI ASIA DE L ABITO DE SAN AN A SU DEBOCIÓN ANO 1641. A data de 1641, fai que sexa co do atrio de Coruxo, o máis antigo da zona de Vigo, dos que se coñeza a súa construción.

Capitel.

O capitel: Nos ángulos leva volutas. Na cara oeste presenta a cruz de Malta, da orde de S. Xoán á que pertencía o doador. Na parte sur hai cinco cunchas xacobeas. No lado leste aparece o sol, a lúa, estrelas, unha árbore e dous animais. Na cara norte, unha cruz grega e outros animais.

No reverso da cruz aparece a Virxe da Piedade, unha figura estilizada da Virxe sostendo a Cristo coa man sobre a cintura. Debaixo da escena hai un anxo querubín.

Relación do cruceiro coas tradicións parroquiais[editar | editar a fonte]

As procesións que saen da igrexa de Santa María de Castrelos pasan por diante e detéñense neste lugar.

Ata hai algúns anos tamén paraban os enterros e aquí rezábanse unhas oracións; pero agora como os cadáveres se trasladan en coche, este costume xa se perdeu.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]