Cristofano Allori

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cristofano Allori
Nacemento17 de outubro de 1577
Lugar de nacementoFlorencia
Falecemento1 de abril de 1621
Lugar de falecementoFlorencia
NacionalidadeGran Ducado de Toscana
EtniaPobo italiano
Ocupaciónpintor
PaiAlessandro Allori
Coñecido porJudite com a Cabeça de Holofernes
Na rede
Discogs: 2234255 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Xudit e Holofernes, 1613.

Cristofano Allori, nado en Florencia en 1577 e finado na mesma cidade en 1621, foi un pintor manierista italiano.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Allori recibiu as primeiras leccións de pintura do seu pai, Alessandro Allori, pero, insatisfeito co estilo paterno, entrou no estudo de Gregorio Pagani, un dos principais representantes da escola florentina tardía, que unía o rico colorido da escola veneciana co debuxo correcto dos discípulos de Miguel Anxo. Allori converteuse nun dos máis famosos pintores desta escola.

As súas pinturas distínguense polo seu achegamento á natureza e pola delicadeza e perfección técnica da súa execución. A súa obra máis famosa e Xudit e Holofermes, no Palazzo Pitti de Florencia, onde segundo a tradición a cabeza de Holofernes é o propio retrato do artista.