Crispín d'Olot

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaCrispín d'Olot

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1971 Editar o valor em Wikidata (52/53 anos)
La Bañeza, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidad Nacional de Educación a Distancia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoLiteratura, artes escénicas e música tradicional Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónxograr Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

José Manuel Ramos Alonso, nado en La Bañeza o 3 de xaneiro de 1971, máis coñecido como Crispín d'Olot, é un xograr adicado á recuperación da tradición oral e a difusión da literatura medieval, renacentista e barroca en linguas iberorromances, valéndose de pezas folclóricas ou literarias que transforma en cancións ou declamacións teatrais.[1][2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Cursou estudos de Filosofía e é diplomado en Divulgación Cultural pola UNED,[3] vive nun pequeno pobo chamado Matanza de la Sequeda.[2] Descoñécese o motivo do pseudónimo Crispín, o sobrenome d'Olot é debido a que foi na localidade catalá de Olot onde se iniciou como xograr,[4] algo propio dos xograres de época, os cales adoitaban engadir o seu lugar de procedencia ao seu nome.

Iniciou a súa carreira artística a mediados dos anos 90 en Barcelona. Experimentou a vida de xograr itinerante actuando en recreacións de mercados medievais en España e Portugal.[5] Nos primeiros anos do século XXI, comezou a transcender fóra dos mercados medievais por medio de traballos musicais[6] e espectáculos xograrescos.[7]

No ano 2009, participou no programa-concurso "Tú sí que vales" da cadea Telecinco, acadando o segundo posto na súa final[8] e o cuarto posto na final de finais, grazas ao trabalinguas anónimo "El loro, el moro, el mico y el señor de Puerto Rico".[9] A popularidade obtida na televisión levouno a ser imaxe da presentación da Deputación de León dos actos conmemorativos do 1100 aniversario do Reino de León en Fitur 2010,[9] así como pregoeiro do entroido da Bañeza de 2010 e a recibir o título de "Magister Juglaris" pola vila de Sahagún.[10]

No ano 2012, participou na edición especial de "Tú sí que vales" -a cal reunía aos mellores artistas das edicións celebradas até esa data-[11] alcanzando a rolda final.[12] As participacións en devandito concurso sitúano como un referente da xograría e a oralidade en lingua castelá, así mesmo proporciónanlle unha certa proxección en países latinoamericanos como: Colombia,[13] México,[14] Arxentina,[15] Costa Rica,[16] Ecuador[17] ou Perú,[18] nos que divulga a figura do xograr medieval europeo, a tradición oral española e instrumentos musicais de orixe medieval como a zanfona. Fóra do ámbito de países de fala hispana, é convidado ao Quixote Festival en Carolina do Norte[19] en dúas ocasións[20] e a participar no proxecto E.S.T.H.E.R. de recuperación da cultura sefardí desenvolvido pola Universidade de Verona.[21]

En 2014 recibiu o premio "Peyre Vidal" outorgado pola Asociación de Narradores Tradicionais Leoneses e o premio iberoamericano ‘Maravilladores’ pola súa contribución ao desenvolvemento da cultura e a súa traxectoria na arte do xograr.[22]

En 2019 participou na novena audición do concurso Got Talent 5 interpretando unha fábula cun organistrum.[23] Tamén foi elixido Persoeiro Bañezano do ano 2019 por expandir a cultura bañezá e española polo mundo.[24]

En 2020, elaborou a exposición "‘Las artes escénicas en elCamiño de Santiago" en colaboración co Concello de Sahagún.[25] A mostra, dedicada aos distintos tipos de xograres medievais, desenvólvese entre o 18 de agosto de 2020 e o 15 de xaneiro de 2021 no Convento de San Francisco-Igrexa da Peregrina de Sahagún.[26] Así mesmo, estrea con Vanesa Muela un espectáculo tributo a Joaquín Díaz.[27]

Espectáculos[editar | editar a fonte]

As obras de Crispín d'Olot versan, principalmente, sobre a xograría, a literatura ou a tradición oral; nelas, cobra especial relevancia a oralidade, o dominio da linguaxe e a expresión teatral. Outro elemento fundamental é a música, con pezas literarias musicadas e a utilización dunha gran variedade de instrumentos musicais.[28][29]

Discografía[editar | editar a fonte]

Crispín d'Olot publicou cinco traballos musicais que recompilan romances e outras pezas literarias. O primeiro en colaboración coa banda de folk 'The mountain Kids' e os seguintes en solitario.

  • El lago de las damas, con "The mountain Kids" (2002)[6]
  • Viva lo único! (2005)[30]
  • Versos y bardos, mester traigo fermoso (2012)[31]
  • Cantos de zanfoña (2013)[32]
  • Romances Para Don Quijote (2019)[1]

Radio e televisión[editar | editar a fonte]

Ademais dos concursos "Tú sí que vales" e "Got Talent 5", interveu no programa "Crónicas marcianas" en 1999,[33] en 2012 protagonizou un capítulo da serie "Origeniales" de RadioTelevisión de Castela e León[34] e en 2015 un capítulo da serie "Con la música a todas partes" da mesma canle.[35] Durante o ano 2020 volveu protagonizar un par de programas de "Con la música a todas partes": o 191, programa especial polo confinamento debido ao Covid19[36] e o 212 desde Sahagún con motivo da exposición ‘Las artes escénicas en el Camino de Santiago’.[37]

Con respecto ao medio radiofónico, fixo varias colaboracións no programa "Atrévete" de Cadea Dial en 2010, versificando a actualidade semanal máis destacada.[38] En 2020 participou no podcast "Días estraños" de Santiago Camacho[39] e no programa ‘‘Las piernas no son del cuerpo" de Melodía FM[40] divulgando a figura do xograr.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "El 'juglar del siglo XXI', el leonés Crispín d'Olot, vuelve a Estados Unidos" (en castelán). 14 de outubro de 2019. Consultado o 7 de decembro de 2019. 
  2. 2,0 2,1 Valladolid, Diario de. "«Hay quien cree que para ser importante hay que utilizar nuevos lenguajes y acaban en lo vulgar»" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 07 de decembro de 2019. Consultado o 7 de decembro de 2019. 
  3. ILEÓN.COM (18 de agosto de 2018). "Concierto de música barroca y cuentacuentos en el Centro de la Vid de Gordón - ILEÓN.COM" (en castelán). Consultado o 7 de decembro de 2019. 
  4. León, Diario de. "«El Gobierno no valora la poesía clásica»" (en castelán). Consultado o 7 de decembro de 2019. 
  5. "El juglar Crispin d’Olot presenta «La casa de los Instrumentos musicales encantados» : burgostv.es - la televisión online" (en castelán). Consultado o 7 de decembro de 2019. 
  6. 6,0 6,1 León, Diario de. "Crispín D'Olot y The Mountain Kids presentan un compacto de folk" (en castelán). Consultado o 7 de decembro de 2019. 
  7. Horas, Salamanca 24. "Divertido cuentacuentos en la Casa de las Conchas" (en castelán). Consultado o 7 de decembro de 2019. 
  8. León, Diario de. "Crispín d-Olot participa en la superfinal del programa «Tú sí que vales»" (en castelán). Consultado o 7 de decembro de 2019. 
  9. 9,0 9,1 León, Diario de. "León según el trovador bañezano Crispín D´Olot" (en castelán). Consultado o 7 de decembro de 2019. 
  10. "Crispín d'Olot «Magiste Juglaris» por la Escuela de Juglaría de Sant Facunt‏". Consultado o 2 de marzo de 2023. 
  11. "La gran final de Tú si que vales" (en castelán). Consultado o 7 de decembro de 2019. 
  12. Ideal. "El Dúo Acordes gana Tú sí que vales" (en castelán). Consultado o 7 de decembro de 2019. 
  13. https://www.youtube.com/watch?v=E7JAKDq31n4
  14. "Juglares contemporáneos reviven el oficio de contar en el Festival Cuentalee". Consultado o 7 de decembro de 2019. 
  15. "“Santa Fe de Cuentos” se despide en el Municipal - Edición Impresa - Escenarios & Sociedad". Arquivado dende o orixinal o 07 de decembro de 2019. Consultado o 7 de decembro de 2019. 
  16. REDACCIÓN (23 de xaneiro de 2018). "Un festival para olvidarse del teléfono y vernos a los ojos" (en castelán). Consultado o 7 de decembro de 2019. 
  17. "Crispín d'Olot presente en un cerro de cuentos - La Hora". lahora.com.ec (en castelán). Consultado o 7 de decembro de 2019. 
  18. Peru.com, Redacción (7 de outubro de 2015). "Teatro Británico presenta 6to Festival Internacional de Narración" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 07 de decembro de 2019. Consultado o 7 de decembro de 2019. 
  19. "El trovador español Crispín D'Olot inicia una gira por EE.UU." (en castelán). Consultado o 7 de decembro de 2019. 
  20. Univision. "Juglar viaja desde España a Carolina del Norte para traer el “V” Festival de El Quijote" (en español). Consultado o 7 de decembro de 2019. 
  21. "CRISPÍN D´OLOT Y EL PROYECTO E.S.TH.E.R." (en castelán). 9 de abril de 2018. Consultado o 7 de decembro de 2019. 
  22. "Ibañeza.es » Archivo » El juglar Crispín d’Olot vuelve de Argentina con el ‘Maravilladores’" (en castelán). Consultado o 7 de decembro de 2019. 
  23. "Dani reconoce al juglar de su pueblo y pierde todo tipo de criterio: "Es diferente, transgresor y de León"" (en castelán). 12 de novembro de 2019. Consultado o 7 de decembro de 2019. 
  24. "Crispín d’Olot, elegido como Personaje Bañezano del Año - La Nueva Crónica" (en castelán). 10 de xaneiro de 2020. Consultado o 24 de xaneiro de 2020. 
  25. "Las artes escénicas en el Camino de Santiago" (en castelán). Consultado o 2020-12-18. 
  26. Digital, Sahagún. "La exposición ‘Las artes escénicas en el Camino de Santiago’ se prorroga hasta el 15 de xaneiro" (en castelán). Consultado o 2020-12-18. 
  27. Redacción. "La Bañeza brindó una calurosa acogida a Joaquín Díaz en su tributo en el Teatro Municipal" (en castelán). Consultado o 2020-12-18. 
  28. "La música, 'desde los Beatos a la Bula papal', en la nueva cita del Año Jubilar" (en castelán). 8 de mayo de 2017. Consultado o 7 de decembro de 2019. 
  29. CLMPRESS, Publicado por: (22 de agosto de 2016). "María Ángeles García destaca el éxito de las representaciones de este fin de semana en Melque" (en castelán). Consultado o 7 de decembro de 2019. 
  30. León, Diario de. "Arte de mercado medieval" (en castelán). Consultado o 7 de decembro de 2019. 
  31. "Crispín D´Olot presenta su nuevo disco en La Bañeza | Adelanto Bañezano" (en castelán). Consultado o 7 de decembro de 2019. 
  32. Dice, Alba. "Ibañeza.es » Archivo » Crispín d’Olot presenta su disco ‘Cantos de zanfoña’, de los pocos dedicados en exclusiva a este instrumento" (en castelán). Consultado o 7 de decembro de 2019. 
  33. https://www.youtube.com/watch?v=Y79HpPbznrA
  34. https://www.youtube.com/watch?v=XexcoS83zMo
  35. https://www.youtube.com/watch?v=glAmf_M-pxM
  36. "Con la música a todas partes (191/ Parte 3) - YouTube". Consultado o 2020-12-18. 
  37. RTVCYL. "Con la música a todas partes - Programa 212" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 22 de novembro de 2020. Consultado o 2020-12-18. 
  38. "El resumen de Crispin D´olot" (en castelán). Consultado o 7 de decembro de 2019. 
  39. "EL MUNDO DE LOS JUGLARES,con Crispín d'Olot" (en castelán). Consultado o 2020-12-18. 
  40. "ENTREVISTA EN MELODÍA FM - YouTube". Consultado o 2020-12-18.