Saltar ao contido

Período crioxénico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Crioxénico»)
Período crioxénico
Neoproterozoico Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
Datas e cronoloxía
 Data de comezo
hai 720 millóns de anos (circa) Editar o valor en Wikidata
 Data de remate
hai 635 millóns de anos (circa) Editar o valor en Wikidata
 Precedido por
Toniano (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
 Sucedido por
Wikidata C:Commons

O período crioxénico (do grego antigo κρύος krýos, 'xeo' e γένεσις génesis, 'orixe'), unha división da escala temporal xeolóxica, é o segundo período xeolóxico da era neoproterozoica. Comezou hai 850 millóns de anos e finalizou hai 630 +5/-30 millóns de anos. A data de comezo definiuse cronometricamente, mentres que a de finalización está baseada na estratigrafía.[1][2]

O seu nome fai referencia aos sedimentos glaciarios encontrados en latitudes tropicais, seguidos de sedimentos de carbonatos. Os glaciares estendéronse e retrocederon nunha serie de pulsos rítmicos, posibemelnte alcanzando o ecuador. En xeral, considérase que deben considerarse polo menos dúas grandes glaciacións mundiais neste período: as glaciacións esturtiana (que comprendeu o intervalo de 760 a 700 millóns de anos) e a marinoana (en torno a 635 millóns de anos) que son as máis grandes coñecidas na historia da Terra e pode que cubriran todo o planeta. Unha glaciación final produciuse hai 582 millóns de anos durante o período ediacárico.

Os sedimentos glaciares de tillita tamén se produciron nos lugares que se encontraban en latitudes baixas durante o crioxénico, un fenómeno que conduciu á hipótese da conxelación dos océanos do planeta na chamada Terra bóla de neve. Esta teoría, que foi proposta polo doutor Kirshivink e é agora sostida por Paul F. Hoffman da Universidade de California, Berkeley,[3] xerou un gran debate, pois afirma que o planeta Terra estivo totalmente cuberto por glaciares, de até 1 km de espesor, até o ecuador. A principal controversia refírese a se as glaciacióes foron realmente acontecementos mundiais ou estaban localizadas.[4]

Durante o crioxénico, o supercontinente Rodinia fragmentouse e o supercontinente Pannotia comezou a formarse.

  1. Global Boundary Stratotype Section and Point (GSSP) of the International Commission of Stratigraphy, Status en 2009.
  2. "International Stratigraphic Chart, 2008" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 07 de xuño de 2011. Consultado o 15 de xuño de 2016. 
  3. Hoffman, P. F.; Kaufman, A. J.; Halverson, G. P. & Schrag, D. P. (1998): "A Neoproterozoic snowball Earth". Science 281: 1342-1346.
  4. Dave Lawrence (2003): "Microfossil lineages support sloshy snowball Earth" en Geotimes.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
Táboa de eóns, eras e períodos
Supereón Eón Era Período
Fanerozoico Cenozoico Cuaternario
Neoxeno
Paleóxeno
Mesozoico Cretáceo
Xurásico
Triásico
Paleozoico Permiano
Carbonífero
Devoniano
Siluriano
Ordoviciano
Cambriano
Precámbrico Proterozoico Neoproterozoico Ediacárico
Crioxénico
Tónico
Mesoproterozoico Esténico
Ectásico
Calímico
Paleoproterozoico Estatérico
Orosírico
Riácico
Sidérico
Arcaico Neoarcaico
Mesoarcaico
Paleoarcaico
Eoarcaico
Hadeico

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeoloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.