Período crioxénico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O período crioxénico (do grego antigo κρύος krýos, 'xeo' e γένεσις génesis, 'orixe'), unha división ds escala temporal xeolóxica, é o segundo período xeolóxico da era neoproterozoica. Comezou hai 850 millóns de anos e finalizou hai 630 +5/-30 millóns de anos. A data de comezo definiuse cronometricamente, mentres que a de finalización está baseada na estratigrafía.[1][2]

O seu nome fai referencia aos sedimentos glaciarios encontrados en latitudes tropicais, seguidos de sedimentos de carbonatos. Os glaciares estendéronse e retrocederon nunha serie de pulsos rítmicos, posibemelnte alcanzando o ecuador. En xeral, considérase que deben considerarse polo menos dúas grandes glaciacións mundiais neste período: as glaciacións esturtiana (que comprendeu o intervalo de 760 a 700 millóns de anos) e a marinoana (en torno a 635 millóns de anos) que son as máis grandes coñecidas na historia da Terra e pode que cubriran todo o planeta. Unha glaciación final produciuse hai 582 millóns de anos durante o período ediacárico.

Os sedimentos glaciares de tillita tamén se produciron nos lugares que se encontraban en latitudes baixas durante o crioxénico, un fenómeno que conduciu á hipótese da conxelación dos océanos do planeta na chamada Terra bóla de neve. Esta teoría, que foi proposta polo doutor Kirshivink e é agora sostida por Paul F. Hoffman da Universidade de California, Berkeley,[3] xerou un gran debate, pois afirma que o planeta Terra estivo totalmente cuberto por glaciares, de até 1 km de espesor, até o ecuador. A principal controversia refírese a se as glaciacióes foron realmente acontecementos mundiais ou estaban localizadas.[4]

Durante o crioxénico, o supercontinente Rodinia fragmentouse e o supercontinente Pannotia comezou a formarse.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Global Boundary Stratotype Section and Point (GSSP) of the International Commission of Stratigraphy, Status en 2009.
  2. "International Stratigraphic Chart, 2008" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 07 de xuño de 2011. Consultado o 15 de xuño de 2016. 
  3. Hoffman, P. F.; Kaufman, A. J.; Halverson, G. P. & Schrag, D. P. (1998): "A Neoproterozoic snowball Earth". Science 281: 1342-1346.
  4. Dave Lawrence (2003): "Microfossil lineages support sloshy snowball Earth" en Geotimes.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeoloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.