Cova de Ekain

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Asociación de animais en Ekain, consonte as teses de Leroi-Gourhan

A cova de Ekain é unha caverna con figuracións prehistóricas sita no País Vasco, preto da cidade de Donostia, no concello de Deba. Non está aberta ao público, mais pode visitarse unha réplica próxima. Xunto con outras grutas paleolíticas asturianas, cántabras e vascas, Ekain foi declarada Patrimonio Mundial da Humanidade pola UNESCO o 13 de agosto de 2008.

Características xerais[editar | editar a fonte]

Ekain foi descuberta en 1969 por Andoni Albizuri e Rafael Rezabal. A análise das pinturas outórgalle unha antigüidade de entre 14.500 e 10.000 anos[1], o que as sitúa no período Magdaleniano do Paleolítico Superior.

As pinturas rupestres e os gravados rupestres mostran sobre todo figuras animais: 10 de cabalos, 4 de cápridos, 10 de bisontes, 2 de cervos, 2 de osos e un salmónido, que compoñen un delicado panel de figuras. As cores básicas son negros e ocres. Como noutras cavernas, o artista utilizou as protuberancias e oquedades naturais da rocha para suxerir a terceira dimensión.

Nas proximidades (a uns 10 km de distancia) atópase outra cova con pinturas: Altxerri.

Réplica[editar | editar a fonte]

Construíuse unha reprodución da cova, denominada "Ekainberri" (Nova Ekain) en Zestoa, para facilitar o acceso do público a visión das representacións artísticas de Ekain, como xa existe para Lascaux e Altamira.

A réplica foi inaugurada o 11 de setembro de 2008. Está situada no val de Sastarrain, en Zestoa, a uns 600 m da gruta auténtica, nun edificio proxectado polo arquitecto José María Alberdi. A reprodución artística foi realizada polo equipo dirixido por Renaud Sanson, autor da réplica de Lascaux. Foi duplicada un 80 % da caverna orixinal[2]. A réplica está aberta ao público.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Páxina web de Ekainberri, a réplica da cova
  2. Guillermo Esaín, "Caballitos rupestres", in El Viajero: País Vasco, extra do xornal El País. Madrid, 11-X-2008, páx. 5

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]