Saltar ao contido

Cova de Santimamiñe

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaCova de Santimamiñe
Imaxe
Tipoxacemento arqueolóxico Editar o valor en Wikidata
Parte deCova de Altamira e arte rupestre paleolítica do norte de España Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaKortezubi, España Editar o valor en Wikidata
Mapa
 43°20′48″N 2°38′12″O / 43.3467, -2.6367
Características
Superficiezona de protección: 98,8 ha Editar o valor en Wikidata
Parte dun sitio do Patrimonio da Humanidade
Data2008 (32ª Sesión)
Identificador310-016
Ben de interese cultural
Data17 de xullo de 1984
IdentificadorRI-51-0005165
Entrada da cova

Santimamiñe é unha caverna de Kortezubi, en Biscaia, na que se atoparan restos e máis pinturas rupestres, datadas no período magdaleniano, entre 14.000 e 9.000 anos a.C., comprendido no Paleolítico Superior. Desde xullo de 2008 é un dos santuarios prehistóricos incluídos na lista do Patrimonio da Humanidade da UNESCO, como «Cova de Altamira e arte rupestre paleolítica do Norte de España» (en inglés, Cave of Altamira and Paleolithic Cave Art of Northern Spain).

Situación

[editar | editar a fonte]

A cova está situada no barrio de Basondo, nun canto da montaña Ereñozar (448 m), a uns 150 m.s.n.m., preto da ermida de san Mamede (en vasco: Santimamiñe), na conca do Oka e do pantano de Urdaibai.

Partes da caverna

[editar | editar a fonte]

A cova poe dividirse para os efectos de estudo, consonte o método de André Leroi-Gourhan, en catro partes: entrada, antecámara, cámara e parte profunda.

Natureza das figuras

[editar | editar a fonte]

Predominan os cabalos e bisontes, aínda que hai tamén unha figura dun oso e unha cabra. Existen tamén representacións xeométricas, pouco claras. Bastantes figuras son borrosas e/ou están deterioradas.

A maioría das figuras aparecen na antecámara e na cámara.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]